Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 MUROS A DERRUBAR e PROPOSTAS DE TRABALLO

Clica en cada muro para ver as propostas de traballo. 

Podes enviarnos as túas propostas para traballar estes temas na aula a correo@areanegra.org 

Derrubemos o muro do colonialismo lingüístico, e normalicemos o noso idioma

 

en galego! 

Propostas de traballo:

 

>> Materiais para construír o camiño cara a lingua galega

Ola, amigas e amigos, acabades de entrar nun dos camiños da lingua.

Como saberedes xa, non corren bos tempos para a lingua galega. Aquí poderedes atopar recursos para comprender porque chegamos a esta situación a estas alturas do século XXI, información sobre o que está a suceder, e varias propostas para seguir abrindo as portas do futuro da lingua galega, entre todos e todas.

A situación da lingua mudou moito nos últimos anos. E xa que nos damos conta dese cambio social da lingua, é necesario actualizar as nosas formas de achegamento á lingua de Galiza. Como sabedes a relación coa lingua dunha rapaza ou rapaz de Vigo ou Ferrol é ben diferente da que pode ter a xente de Vila de Cruces, Verín ou Viveiro. E non nos esquecemos dos milleiros de mozos inmigrantes que estades xa con nós, entre nós.

Esta quere ser unha aventura para alumnado e profesorado, un camiño que todos e todas vós podedes construír:

@s que falades sempre castelán,

@s que falades máis castelán que galego,

@s que empregades máis o galego

e @s que falades sempre en galego.

Adiante logo e lembra que TODO PODE CAMBIAR e que cada unha de nós pode ACHEGAR O SEU GRAN DE AREA AO PROCESO DE NORMALIZACIÓN DA NOSA LINGUA... SEMPRE ADIANTE!

  • A pedagoxía do contrato para a normalización lingüística . Un proxecto de intervención cara á mellora de actitudes e o aumento de uso da lingua galega nos centros de ensino. Por séchu sende, profesor no ies marco do camballón, vila de cruces

  • Un pouco de humor. "No hables el gallego. Te queda mal"

  • Detrás do cristal Desde o Clube da Lingua do IES Marco de Camballón chéganos esta iniciativa, unha especie de safari fotográfico no que os animais salvaxes sodes vós mesm@s. Só necesitades unha cámara de fotos, un rotulador e un cristal.

  • As linguas do Estado Español. A E.N.L. do CPI Vicente Otero de Carral preséntanos, en coordinación co Departamento de Lingua Galega, unha actividade emocionante para coñecer un pouco mellor a nosa lingua a través doutras que están a vivir situacións semellantes.

  • Poemas sobre a lingua. Aqui tedes algúns poemas que teñen as linguas como tema principal... Animádevos a escribir poemas sobre a lingua. Defendámola cos nosos versos. Podes enviar os teus poemas a muros@areanegra.org para que os publiquemos na sección “As vosas aportacións”.

  • Unha lingua de acollida. Queremos dar a benvida ao noso país á xente que chegou de lonxe. Benvid@s tamén á nosa lingua! A lingua é o principal sinal de identidade do noso país e pode ser un instrumento de integración especialmente útil para a xente recén chegada.

  • Colonialismo lingüístico. ¿Sabedes cal foi unha das primeiras cousas que fixo Cristobal Colón cando atopou a primeira illa americana? Bautizala: cambiarlle o nome. Guanahani pasou a ser San Salvador. ¿Pasoulle o mesmo aos nosos pobos e vilas? ¿e aos nosos apelidos?

 

>> A dede da lingua: Pasen e vean! Aquí che vai un feixe de enlaces para saberes máis sobre a nosa lingua. Información de primeira, accións que se están a levar a cabo, portas abertas a traspasar, camiños nos que participar e un mundo de imaxes e palabras para alimentar a túa curiosidade sobre o galego hoxe.

clica aquí para acceder.

 

>> Dicciónario de sms de vieiros. Velaquí un catálogo das abreviaturas e palabras máis empregadas nas mensaxes dos móbiles. Podes engadir ti as túas abreviaturas para ir ampliando a relación. Clica aquí.  

 

>> História da Língua em Banda Desenhada ver O sítio da Fundaçom Artábria disponibiliza em formato pdf a História da Língua em Banda Desenhada, editada em Abril de 2002, e da que tod@s @s internautas podem fazer descarga gratuitamente. Autor(a): Coordenadora de Grupos Reintegracionistas. Versom: Abril 2002 Tamanho: 15.39 MB

 

>> lecturas sobre a situación das linguas minoritarias

 

 

Envíanos algún material para traballar este tema nas aulas a correo@areanegra.org 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org