Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 MUROS A DERRUBAR e PROPOSTAS DE TRABALLO

Clica en cada muro para ver as propostas de traballo. 

Podes enviarnos as túas propostas para traballar estes temas na aula a correo@areanegra.org 

Derrubemos o muro da guerra, e construamos a paz sen opresión

 

Propostas de traballo:

>> A paz a través dos medios audiovisuais   A base argumental destes films son as distintas formas de agresión e violencia que, en ámbitos individuais e colectivos, están presentes na nosa sociedade. A partir das diversas situacións de conflicto que se manifestan nas películas, ofrécese a posibilidade de reflexionar sobre as causas dos conflictos e as posíbeis maneiras de solucionalos. http://www.edualter.org/material/pau/paz.htm 

 

>> viñetas pla paz.

- viñetas pola paz (I)    - viñetas pola paz (II) 

- viñetas do museo do humor sobre a invasión de Iraq.

- viñetas sobre os dereitos humanos (fonte: grupo de traballo educar por unha cultura de paz)

Propostas para a aula: 

-  mediante a visualización de viñetas, analizar en equipo as causas e consecuencias das guerras e as situacións de conflicto, analizar a reacción da sociedade ante eses feitos, e buscar vías de solución a eses conflictos.O profesorado pode preparar a actividade facendo ao alumnado preguntas concretas sobre a mensaxe de cada viñeta.

- Elaboración dun cómic ou viñetas contra a guerra, denunciando as causas e consecuencias dos conflictos e a actitude dos que provocan ou apoian as guerras, ou transmitindo unha mensaxe de paz ou de solución dos conflictos. Os traballos pódense expoñer en paneis no instituto e envialos a areanegra para que os publiquemos nesta web.

 

>> O xogo dos dereitos humanos (material de amnistía internacional)

o xogo dos dereitos humanos (79 KB)    regras  (39 KB)        taboleiro  (161 KB)

>> Vídeos contra a guerra

- Video con imaxes reais, tomadas dende un helicoptero onde vemos cómo matan a tres personas (dos hombre y una mujer) en un campo de cultivo de Irak. asesinando granxeiros en Irak (fonte: ACP Indymedia)

- Imaxes contra a lóxica da guerra. Sen armas: máis axilidade, máis velocidade. 

máis axilidadmáis velocidade (real media) (fonte: ACP Indymedia)

 

>> Propostas de Intermón-Oxfam  Aquí podes atopar moito material para traballar. Seleccionamos estas propostas para Ed. secundaria.:

  • Iraq: en portada. O obxectivo desta proposta é o de recoñecer e identificar a gran variedade de factores e actores que interveñen en calquera conflicto armado, evitando así a simplificación maniquea á que nos teñen acostumados os medios de comunicación social. (inclúe versión en galego)

  • O negocio das armas. No mundo hai unha arma lixeira por cada 10 persoas e cada minuto morre unha persoa por un disparo. A proliferación descontrolada do armamento alimenta guerras, violacións dos dereitos humanos e impacta na vida de millóns de persoas. (inclúe versión en galego)

  • Afganistan: ¿guerra contra el terrorismo? O futuro é máis incerto e o mundo un lugar máis inseguro despois dos atentados contra as torres xemelgas en NY e trala guerra que colocou no seu ponto de mira a Afganistán e puxo en preigo a vida de millóns de persoas. ¿Quén se beneficia desta guerra? (en castelá)

>> Actividades por fichas didácticas. Seminario Galego de Educación para a Paz.

Intervención pedagóxica sobre a paz e os dereitos humanos. http://www.sgep.org/10.htm 

 

>> A cidade da diferencia: Unha exposición contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo Para Educación Secundaria. http://www.pntic.mec.es/pagtem/babel/ 

Exposición Fotográfica virtual, con comentarios para a súa análise na aula, co propósito de desvelar as actitudes e comportamentos intolerantes e propiciar a reflexión e a modificación de actitudes.

 

>> Diccionario para desarmar a palabra. MPP- Medios para a paz, de Colombia, ofrécennos un diccionario de términos relacionados cos conflictos. Un recurso para utilizar eses términos de forma precisa.

 

>> A ética da Vinganza. Unha ollada crítica sobre o conflicto palestino-israelí

 

>>Recursos en internet

30 de xaneiro - DÍA DA PAZ. Recursos na rede.

Declaración Universal dos dereitos das Persoas en máis de 300 idiomas.

 

Envíanos algún material para traballar este tema nas aulas a correo@areanegra.org 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org