Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 MUROS A DERRUBAR e PROPOSTAS DE TRABALLO

Clica en cada muro para ver as propostas de traballo. 

Podes enviarnos as túas propostas para traballar estes temas na aula a correo@areanegra.org 

Derrubemos o muro da censura, e defendamos a liberdade de expresión.

Propostas de traballo:

>> viñetas, lecturas e vídeos contra a censura e a manipulación

Proposta de traballo:

-  Mediante a visualización de viñetas e a lectura de artigos analizar a manipulación dos medios de comunicación, as mentiras, e a censura que exercen os gobernos. Analizar as causas dese comportamento, e a súa efectividade na sociedade. Buscar medios para defender o dereito das persoas á liberdade de expresión e a unha información veraz e imparcial.

- O profesorado pode preparar a actividade facendo ao alumnado preguntas concretas sobre a mensaxe de cada viñeta ou do artigo elixido.

- Elaboración dun cómic ou viñetas contra a censura, reivindicando o dereito á liberdade de expresión e a unha información veraz, non manipulada. Os traballos pódense expoñer en paneis no instituto e envialos a areanegra para que os publiquemos neste web.

- ver algúns artigos e vídeos

 

- ver viñetas:

   censura1 liberdade de expresión.

   censura2 televisión e medios de comunicación.

   censura3 actitude dos gobernos

 

 

>> Contrainformación

- Un exemplo de contrainformación: contramaré 

- Proposta para a aula: creación dun boletín de contrainformación, unha revista coa información que pensades que é de interese na vosa comunidade e que non sae á luz nos medios habituais. Unha canle de información aberta onde todas e todos somos xornalistas.

 

>> Actividades para detectar a manipulación. Lectura crítica das mensaxes dos medios de comunicación.

- Pensa coa prensa Pensa coa prensa é unha proposta de uso didáctico dos medios de comunicación que inclúe actividades de producción e lectura crítica de todo tipo de mensaxes; para Educación Secundaria. (Proyecto QuadraQuinta de Creatividad y Aprendizaje)

- Mediascopio Un dos obxectivos desta asociación é o é fomentar no alumnado actitudes críticas, libres e conscientes fronte ás mensaxes dos media, conseguir que o alumnado adquira o hábito de ler críticamente os medios de comunicación. Inclúe unha ficha de traballo para bacharelato sobre a manipulación do goberno despois do atentado do 11 M: Un caso de manipulación de estado:¿Quen foi?

- Colectivo de profesorado de medios audiovisuais. Páxina que ofrece propostas didácticas en educación en materia de comunicación (análise crítico dos medios) 

- Multitude de artigos sobre "Mentiras y Medios" en www.rebelión.org.

 

Envíanos algún material para traballar este tema nas aulas a correo@areanegra.org 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org