Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

Indicacións por zonas

Zona A: Compostela - Arzúa

O tramo A-1 é todo por cidade e estrada, polo que hai que ter moita precaución. Tamén hai puntos, indicados no plano, onde temos que cruzar a estrada xeral.(cruces perigosos)

 

Zona B: Arzúa - Palas de Rei

O tramo B-1 comeza pola estrada vella, ao final antes do cruce coa estrada nova, hai que xirar  á esquerda e coller un túnel. O  tramo B-2 comeza na parada de bus enfronte do café- bar “Bareta”. Buses na explanada diante da parrillada “Boente”. 

 

Zona C: Palas de Rei - Portomarín

Atención ós tramos C-1 Palas de Rei-Airexe e C-2 Airexe- Hospital.


Tramo C-1 Palas de Rei-Airexe.

Tras atravesar parte do pobo de Palas, hai que coller a man dereita, vindo de Santiago, o desvío que indica a Monterroso. A poucos metros de collelo desvío, os buses aparcan xunta o café-bar Santos (caben 5 buses), coincidindo con indicacións de frechas amarelas do camiño cruzando a estrada. Se ascende á igrexa subindo unhas escaleiras, comezando así este primeiro tramo. 

O comezo do tramo é a parte máis dificultosa. Despois da igrexa se colle á dereita. Se colle logo a man esquerda, fronte a un expendedor de refrescos, unha subida estreitiña. O resto do tramo vai recto sen desviacións. 

En Airexe hai mesas e bancos, máis fontes para recuperarse da camiñada, que estimo pode levar ao alumnado 2-2’5 horas (como máximo). 

Os buses que recollen ao alumnado (espacio para 5 buses ou máis) para chegar a Airexe deben saír do desvío onde deixaron ó alumnado e collela estrada cara Lugo (N-547). 

A 8 Km de Palas (no Km 25 da estrada) deben coller unha pista a man dereita a 2 metros dun sinal que indica o lugar de MARCO, no mesmo desvío hai un sinal de dirección pouco visible que indica Monterroso 13. (Aconsellamos aos conductores/as ir ben a modo para non pasar de largo o desvío). 

De aquí a Airexe hai 3 km, mais @s conductores/as deben ir moi a modo xa que non se indica Airexe en ningún momento. O conductor/a debe estar tamén atento/a porque hai que coller outro desvío que non ten indicación (a 1 km máis ou menos). 

Para saber onde desviarse terán que pasar tres desvíos a man esquerda (o primeiro e segundo indican A Pallota). 

O desvío que deben tomar para Airexe  será o 4º á esquerda, pero neste caso non parece un desvío, a penas se nota, o xeito de identificalo (sería bo que a/o guía ou eu pintara cun spray unha frecha no sinal de stop) é asocialo cunha curva á dereita onde hai dous sinais de STOP pouco visibles, estando cada un nun estremo da curva, sen mirar de fronte. Alí deben tomar un desvío á esquerda difícil de percibir porque a pista vai descendendo a un nivel máis baixo que a principal. Logo por esa pista dous quilómetros máis adiante chégase a Airexe. 

Os conductores/as deben esperar ata a chegada do último bus para partir de Airexe. 

Deben voltar cara Palas e coller o desvío cara Monterroso para continuar cara Portomarín... Cebreiro 

Tramo C-2 Airexe-Hospital

- Para chegar a Airexe, se deben seguir as seguintes indicacións:
Pasado o pobo de Palas de Reis, se colle a estrada N-547 a Lugo. A 8 Km de Palas (no Km 25 da estrada) deben coller unha pista a man dereita a 2 metros dun sinal que indica o lugar de MARCO, no mesmo desvío hai un sinal de dirección pouco visible que indica Monterroso 13. (Aconsellamos aos conductores/as ir ben a modo para non pasar de largo o desvío). De aquí a Airexe hai 3 km, mais @s conductores/as deben ir moi a modo xa que non se indica Airexe en ningún momento. O conductor/a e profesorado deben estar tamén atent@s porque hai que coller outro desvío que non ten indicación (a 1 km máis ou menos). Para saber onde desviarse terán que pasar tres desvíos a man esquerda (o primeiro e segundo indican A Pallota). O desvío que deben tomar para Airexe (*Anexo1) será o 4º á esquerda, pero neste caso non parece un desvío, a penas se nota, o xeito de identificalo (sería bo que a/o guía ou eu pintara cun spray unha frecha no sinal de stop) é asocialo cunha curva á dereita onde hai dous sinais de STOP pouco visibles, estando cada un nun estremo da curva, sen mirar de fronte. Alí deben tomar un desvío á esquerda difícil de percibir porque a pista vai descendendo a un nivel máis baixo que a principal.Os buses deben esperar en Airexe a chegada do último bus, tan pronto chegue o último a Airexe, deben partir ao momento. 

- Onde deben recoller os buses ao alumnado: 

Deben partir pois novamente cara Palas e alí desviarse cara a estrada a Monterroso. Varios quilómetros pasado Monterroso, a 12 quilómetros de Portomarín, os buses deben estar atentos a un letreiro pequeno a man dereita que indica Hospital da Cruz, xunto ao refuxio-albergue Ventas de Narón. Uns trinta metros máis adiante no desvío a Portomarín, Sarria, onde tamén hai outro letreiro en laranxa, máis outro en azul indicando: Club Náutico de Portomarín, 10 metros máis arriba collendo este desvío poden aparcar diante dunha casa branca cun galpón de ladrillo ao lado (5 buses de capacidade). Unha vez recollido alumnado e profesorado poden continuar cara Portomarín...

- Este tramo para alumnado e profesorado: 

Este tramo é todo recto, xa chegando ao final do tramo, na saída á estrada, deben tomar cara Portomarín, e continuar cruzando polo paso elevado a estrada. Despois de cruzar tomar á dereita. Os buses estarán diante dunha casa branca cun galpón de ladrillo ao lado.

Zona D: Portomarín - Sarria

Hai varios tramos de subida e a estrada non pasa cerca nos tres primeiros tramos.

 

Zona E: Sarria - Triacastela

Non ten que ter problemas está ben indicado

 

Zona F: Triacastela - Cebreiro

O tramo F-1 ten unha parte con bastante subida, o resto e case todo paralelo á estrada. Os últimos metros tamén son de subida e son pola estrada, xa está indicado no plano.( perigo camiño pola estrada)

 

 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org