|
Indicacións
Xerais
No
mapa de Galiza está marcado o
percorrido do camiño, dividido en seis zonas ( do A ó F)
con distintas cores.
Zona
A: Compostela
-
Arzúa
Zona
B: Arzúa
- Palas
de Rei
Zona
C: Palas
de Rei - Portomarín
Zona
D: Portomarín
- Sarria
Zona
E: Sarria
-
Triacastela
Zona
F:
Triacastela -
Cebreiro
Cada
zona (A,B,C…) aparece nun mapa por separado e
subdividida en tramos (A-1,A-2,C-4...) coa letra
correspondente, numerados e indicados os Km (en total son
26 tramos).
En
cada tramo haberá unha persoa que fará de guía
para acompañar ao alumnado e profesorado na realización
do camiño, así como un coche cada trinta ou corenta Km,
debidamente provisto de comunicación telefónica.
Nos
mapas das diferentes zonas e tramos están indicados os
lugares onde os autobuses recollen
e deixan o alumnado antes e despois de facer o camiño,
tamén aparecen indicados aparcamentos dos buses, zonas
perigosas, cruces significativos ou outra información de
interese.
|