|
GUÍA
DE PARTICIPACIÓN NO CAMIÑO AO REVÉS
Cómpre
termos EFICAZMENTE ORGANIZADA a actividade. A
Coordenadora de Ensino Areanegra está a traballar na
organización loxística do camiño. Areanegra comuniou a actividade e solicitou colaboración ás subdelegacións
do goberno na Coruña e Lugo e aos concellos polas que
pasa o camiño. Mais é necesaria a
colaboración desde os centros de ensino para atar todos os cabos.
Tres
pasos son IMPRESCINDÍBEIS para a correcta participación
na actividade a nivel de centros:
-
Aprobación polo Consello Escolar como punto da orde do
día e non como rogo
-
Autorización familiar de cada alumno/a onde se
especifique a actividade: obxectivos, traxecto, horario e
lugar de celebración.
-
Designación do profesorado acompañante, e elección
dalgún suplente para o caso de que a última hora se
produza algunha falta.
Este
pode ser un modelo a seguir:
|
A
TODOS OS PAIS/NAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO
ALUMNADO DO (nome
do centro)
A
dirección deste Centro informa que o vindeiro 22
de abril terá lugar unha saída ao camiño de
Santiago camiñando un tramo de entre 5 e 7 Km de
Santiago ó Cebreiro,
para derrubar os muros
(cada centro os que
considere) co
fin de que o alumnado:
-
Descubra e desenmascare as inxustizas duna
realidade herdada, identificando os mecanismos que
as desencadean e perpetúan.
-
Tome conciencia de que a sociedade
e os seus muros non son inamovíbeis e de que
outro mundo é posíbel, baseado este no respecto
aos dereitos humanos, na convivencia pacífica e
na defensa da natureza.
-
Se sensibilice para ser partícipe e protagonista
dos cambios da súa sociedade, sendo o seu destino
abrir outros camiños.
Rematarase
a actividade no Cebreiro cunha festa que simbolice
a construcción doutro mundo posíbel.
De
estaren de acordo con que o/a seu/súa fillo/a
participe nesta actividade deberán cubrir e
entregar neste centro a seguinte autorización:
D./Dna.
__________________________________________
pai/nai/titor/titora do/a alumno/a
______________________________________, autorizo
o/a meu/miña fillo/a a participar na actividade
"Outro mundo é posíbel, existen
outros camiños" que terá lugar o día
22 de abril de Santiago ó Cebreiro.
En,
____________, a ________ de _____ de 2004
Asdo.:
(pai/nai/titor/titora)
|
(pódelo
baixar aquí
en formato doc para adaptalo ao teu centro)
Os
centros con problemas relativos a algún destes puntos que
se poña en contacto coa Coordinadora a través do correo correo@areanegra.org
Se
se prefire, pódese aprobar primeiro polo Claustro de
profesores/as aínda que non é imprescindíbel.
Cumpre
recordar que esta actividade exixe unha preparación
previa nas aulas.
A
data límite de adhesión á actividade é o mércores
14 de abril
Cada
centro recibirá o proxecto completo desta actividade, que
tamén se poderá consultar en breve neste web.
|