Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 EXPLICACIÓN DA ACTIVIDADE

AREANEGRA propón á comunidade educativa galega facer o Camiño de Santiago ó revés, de Compostela ao Cebreiro, o día xoves 22 de abril, para reivindicar que hai outro mundo posíbel, que existen outros camiños.

  • Os tramos: Cada centro camiñará en tramos de entre cinco a sete quilómetros. Estamos a traballar para poñer a vosa disposición todos os mapas, itinerarios, e información necesaria para participar no camiño ao revés.

  • O festival do mundo ao revés: Ao remate da camiñada cada grupo trasladarase en bus até o Cebreiro onde nos reuniremos tod@s para reivindicar dun xeito festivo que un outro mundo é posíbel, que outros camiños existen. Como acto simbólico os centros poden levar unha caixa de cartón facendo de pedra ou ladrillo do muro ou muros que queren derrubar, alí os xuntaremos todos. Haberá música, teatro, e moito máis.

  • Os recursos para traballar na aula: Antes do día 22 de abril, os centros, tanto de primaria como de secundaria, traballarán os temas que escollan arredor dos muros a derrubar durante esa camiñada. Tedes un feixe de material a vosa disposición.

  • As vosas aportacións: Invitamos ao alumnado e profesorado a que nos envíe os seus traballos sobre os muros propostos, a súa visión do mundo, as súas inquedanzas, as súas propostas de cambio, e a que as comparta con tod@s nós.

  • Esta é unha proposta que chegou ao noso correo, e que nos parece moi interesante: Decorar os tramos polos que camiñemos con cartaces, poemas, textos, etc. do alumnado. O Camiño para moitas persoas é reflexión. ¿Por que non deixamos as nosas reflexións no Camiño? Un tendedeiro entre dúas árbores, poemas debaixo dunha pedra, etc. A cuestión sería darlles un formato ben coidado ademáis do contido que reivindica outro mundo. Desta maneira proxectamos o pensamento da comunidade escolar maís aló de nós mesmos. A única condición é a utilización de material reciclábel (papel, cartón, madeira, ...) para non emporcallar o camiño, pois debemos dar exemplo de coidar e respectar o noso entorno.

  • Cando se peche o prazo de adhesións cada centro recibirá a zona e tramo que lle corresponda facer. A asignación de tramos farase, como no caso da cadea humana, por proximidade ao punto de partida, duración da camiñada e tempo de chegada ao Cebreiro. Nese momento tamén se comunicarán as horas de saída en cada zona ou tramo para que a chegado ao Cebreiro sexa o máis puntual posible.

 

FESTIVAL DO MUNDO AO REVÉS, VÉS?

?SÈV ,SÈVER OA ODNUM OD LAVITSEF

 

Teatro, música, performances... e moito máis....
no Cebreiro o día 22 de avril ás 15 horas, ao rematar-mos cadaquén o noso tramo de camiño.

Contra os seus muros, as nosas palabras, os nosos corpos, a nosa música.

 

Confirmadas as actuacións de Carlos Santiago, Berrobambán, Belmondo, Os Ghamberros (Hip-Hop), o noso dillei Amnemesis, As Caboverdianas de Burela Batuko Tabanka, Stranniki (Rusia), e máis...!!!! 

 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org