|
Coordenadora
de Ensino

|
|
OUTRO
MUNDO É POSÍBEL,
EXISTEN OUTROS CAMIÑOS
|
 |
|
|
|
|
AS
VOSAS APORTACIÓNS
|
Nós
non podemos enumerar todos os muros que a sociedade debe
derrubar para construír un mundo solidario, plural,
democrático, respectuoso, libre, ... porque,
desgraciadamente, son infinitos. Por iso abrimos este
espacio público onde todas e todos temos voz para destruír
esas barreiras, para construír ese camiño cara ao mundo
que queremos.
Invitamos
ao alumnado e profesorado a que nos envíe os seus
traballos sobre os muros propostos, a súa visión do
mundo, as súas inquedanzas, as súas propostas de cambio.
Pensamentos, redaccións, contos, poesías, debuxos,
letras de cancións, ... cambiemos o mundo dende os
centros de ensino, derrubemos eses muros que queren
separar a escola do resto da sociedade, e transformémola.
|
|
Outro
mundo é posíbel ¿Que mundo podemos construír?
¿cales son os muros que debemos derrubar?
envíanos
as túas aportacións á dirección muros@areanegra.org
ou faino dende o seguinte Formulario
(Este
espacio xa está pechado. Gracias a todas e a todos.)
|
|
|
|
1 |
|
Caída do
Muro de Berlín
(novembro de 1989)
|
Construcción
do muro da vergoña. Cisjordania (octubre 2003)
|
Hai
un ano Israel comezou a construír o muro da vergoña. Ten
oito metros de altura, zanxas de catro metros de
profundidade a ambos lados, un camiño de terra que
permitirá ao exército israelí disparar contra os
palestinos, unha barreira de formigón armado con arame de
púas, franxas cubertas de area fina para rexistrar
pisadas, alarmas electrónicas intelixentes, unha estrada
de dous carrís para as patrullas militares e torres de
vixilancia fortificadas. A súa lonxitude é de 347 km, o
dobre que o muro de Berlín. O costo de cada km é de máis
dun millón e medio de euros.
Este muro nega ao pobo
palestino o acceso á auga, á terra, ás escolas, aos
centros de saúde, ... este muro nega a condición de persoas.
¡Derrubémolo! www.stopthewall.org
|
Enviado
por María,
ensinante. subir |
|
2
|
|
NADA
É IMPOSÍBEL DE MUDAR
Bertold
Brecht (1898-1956)
"Desconfiade
do máis trivial,
na
aparencia sinxelo.
E
examinade, sobre todo, o que parece habitual.
Suplicamos
expresamente:
non
aceptedes o que é de hábito como cousa natural,
pois
en tempo de desorde sanguenta,
de
confusión organizada,
de
arbitrariedade consciente,
de humanidade deshumanizada,
nada
debe parecer natural
nada
debe parecer imposíbel de mudar."
|
O
seu tanque, Xeneral.
Bertold
Brecht (1898-1956)
O
seu tanque, Xeneral
É
un vehículo forte;
Derruba
un xardín, esmaga cen persoas.
Pero
ten un defecto: precisa dun conductor.
O
seu bombardeiro, Xeneral
É
poderoso;
Voa
máis depresa que o lóstrego, e transporta máis carga ca
un elefante.
Pero
ten un defecto: necesita un piloto.
A
persoa, meu Xeneral, é moi útil;
Sabe
voar, e sabe matar
Pero
ten un defecto: sabe pensar.
|
Outras:
Quiero
Castigo
Pablo Neruda Yo
no tengo enemigos. Fonollosa As
miñas devanceiras. Chus Pato Enviado
por Carmen
Gómez, ensinante. subir |
|
3
|
Emigración:
Ósmosis humana
|
O
fenómeno de ósmosis consiste no transporte de disolvente a
través dunha membrana semipermeable que separa dúas
disolucións con diferente concentración de soluto. O
disolvente difúndese dende a disolución diluída cara a que
está máis concentrada.
|
Se
entre dous lugares do planeta poñemos unha barreira económica,
de xeito que nun lado hai máis concentración de riquezas que
no outro, prodúcese un transporte de persoas (disolvente) dende
o lugar máis pobre cara o lugar onde a concentración de
riqueza (soluto) é maior.
Os
gobernos, en lugar de igualar a concentración de riquezas no
mundo e evitar a ósmosis humana, o que fan e intentar que esa
barreira sexa impermeable (control policial, lei de
estranxeiría, ...), e así evitar a emigración. Non se dan
conta de que é unha lei física, unha lei natural. |
Enviado
por Miguel
Anxo Otero. subir |
|
4
|
¿Cómo
podo explicar aos meus alumnos e alumnas o que aconteceu hai un ano co
Prestige?
Non é algo que se poda explicar
falando dun simple accidente.
¿Por
qué transportan fuel pesado en barcos-lixo? ¿Por qué dependemos tanto
do petróleo? ¿Por qué unha guerra por petróleo? ¿Por qué esa falta
de sensibilidade ante a contaminación do noso mar, da nosa terra? ¿Por
qué as mentiras, a censura e a manipulación? ¿Por qué a tele non
informou de todo o que aconteceu? ¿Por qué os xornais falan de cousas
distintas ás que vemos cos nosos ollos? ¿Por qué ese desprezo do
goberno cara a Nunca Máis na súa resposta ante o acontecido? ¿Por qué
nos chaman “cans que ladran o seu rancor polas esquinas”? ¿Por qué
esa criminalización dos movementos sociais? ¿Por qué se mobiliza máis
rápido ao exército para ocupar a illa de Perexil que para limpar as
nosas costas? ¿Por qué só se fala de voluntarios e non tamén de
voluntarias? ¿Por qué un presidente lle di a unha muller “ porque es
unha muller, se non daríache un par de ...” ? ¿Por qué din “Mucsía”
en lugar de Muxía ou Finisterre en canto de Fisterra? ¿Por qué se
inverten tantos recursos en publicidade? ¿Son necesarios tantos carteis
do Plan Galicia? ¿Por qué os cartos fan calar á xente? ¿Por qué din
que xa está todo esplendoroso?
Tal
vez todo iso se poda comprender observando cómo funciona este mundo.
Podemos facer dúas cousas: subirnos ao carro, ou intentar cambialo.
¡¡Nunca
Máis!!
Enviado
por Eva
B., profesora. subir |
|
5
|
|
Irmáu.
Celso Emilio Ferreiro
do
libro Longa noite de Pedra
Camiñan
ao meu rente moitos homes,
non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
|
Si
é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque
as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
|
Por
enriba de tódalas fronteiras
por enriba de muros e valados,
si
os nosos sonos son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común
temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
|
Enviado
por unha persoa anónima. subir |
|
6
|
|
Ai
vai un clásico, The Wall.
Con
esta canción nunha aula de inglés de 2º de bacharelato moitos
e moitas aló en Viveiro nos achegamos ao inglés como a unha
lingua que tamén posúe códigos secretos da liberdade. Un bo
material para as nosas aulas. Ai vos vai a letra en portugués.
E que ler e escoitar esta canción nas aulas sexa un exercicio
para descifrar as palabras contra o control do pensamento. Como
se estivesemos nun programa de radio e esta fose unha petición
dedicada: Dedico esta canción a todos os profesores e
profesoras que seguen ou seguimos a poñer obstáculos no camiño
da xente nova, querendo ou sen querer. E a Celso Currás, ese
que ten a empresa de Construción e Derribos Represión S.A. e,
como non, un saúdo á xente de Vila de Cruces!
the
wall: en
inglés en
portugués |
OUTRO
TIJOLO NO MURO
Não precisamos de nenhuma educação
Não precisamos de nenhum controle de pensamento
De nenhum sarcasmo sombrio na sala de aula
Professor, deixe as crianças em paz
Ei, professor! Deixe as crianças em paz!
Ao todo, isto é apenas mais um tijolo no muro
Ao todo, você é apuras mais um tijolo no muro
Não preciso de braços em volta de mim
E não preciso de nenhuma droga para me acalmar
Eu vi a pichação na parede
Não vá pensar que eu preciso de coisa alguma,
Oh, não; não pense que precisarei de coisa alguma
Ao todo, foram apenas tijolos no muro
Ao todo, vocês foram apenas tijolos no muro |
Enviado
por Séchu
Sende, profesor. subir |
|
7
|
|
Máis
letras de cancións.
Amparanoia
dedica os seus traballos "A las mujeres y hombres
verdaderos que, en lenguas y caminos diferentes, creen en un
futuro más humano y luchan por conseguirlo". |
A
emigración: Que
suba la marea. Hechos contra el decoro. Línea de fuga.
Os
cartos: Hacer
dinero. Amparanoia. El Poder de Machín.
O
poder. Señor
Matanza. Manu Chao. Casa Babylon. |
Enviado
por Lucía
Olveira, estudante.
subir |
|
8
|
O
peor de todo do que está a pasar son as mentiras e a manipulación da
realidade. Como é posíbel que
mintan tanto? e peor aínda, que o consintamos. Os mentireiros seguen a
mentir, como se nada, e nós seguimos a escoitar, como se nada.
Estamos
rodeados de mentiras, mentiras de plastilina, mentiras de destrucción
masiva, mentiras mundiais, mentiras locais, MentiraS, MENtiras,
menTIRAS, mentiras, MENTIRAS, mentiras, mentiras,
mentiras,
mentiras,
mentiras, mentirass, mmentiras, saritnem, mentiras, m...
Enviado
por Alberto X. Vázquez, estudante.
subir |
|
9
|
|
A
lingua de Castelao
"a
dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras
fale un idioma diferente do castelán" -
Castelao -
"Unha
lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de
obras de arte" -
Castelao -
"a
nosa "lingua rústica" vive porque aínda temos moito
que decir nela" -
Castelao -
"se
aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma" -
Castelao-
|
"A
lingua e a maior e mais orixinal creación colectiva dos
galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle da unidade
interna a nosa comunidade. Únenos co pasado do noso pobo,
porque del a recibimos como patrimonio vivo, e uniramos co seu
futuro, porque a recibira de nos como legado da identidade común.
E na Galicia do presente serve de vínculo esencial entre os
galegos afincados na terra nativa e os galegos emigrados polo
mundo."
-
da Lei de Normalización Lingüística - |
Enviado
por Verónica, ensinante.
subir |
|
10
|
A
espiral da violencia
Estamos
a ser espectadoras e protagonistas dunha escalada de violencia no mundo
máis global e no máis achegado, e cada vez vexo máis necesaria a
procura de alternativas eficaces que se distancien da crispación e da
violencia como métodos para cambiar as cousas. A violencia avanza
en espiral. A máis violencia, máis descontrol, máis paranoia, máis
odio, máis intransixencia, máis seguidismo do fundamentalista, dun
lado e do outro. Máis do mesmo.
Recorramos
á creatividade para cambiar o mundo. Atopemos alternativas imaxinativas
que rompan coas dinámicas actuais de confrontación, agresividade e
violencia. Aportemos
alternativas propoñendo un “como” e non nos quedemos só no
“contra”, e así crear conciencia e participación creativa en tódolos
ámbitos e movementos sociais. Rompamos a espiral.
Envíovos
unhas frases que atopei en vieiros, nas que se rexeita a violencia como
medio de resolución de conflictos. ¿É
posíbel un mundo sen violencia? ¿Son posíbeis outras dinámicas
sociais?
Enviado
por María Loureiro, ensinante.
subir
|
|
11
|
Dálle
a volta ao teu web. Entra en http://mirror.sytes.org/
e teclea a dirección que queiras. Verás ese sitio coma se estivera
reflexado nun espello.
Un
mundo ao revés! tamén o virtual.
Enviado
por Carla González Moreira,
estudante.
subir |
|
12
|
O
muro que mais estropea o mundo é o das mortes violentas, sexan mortes
feitas por terroristas, guerras, homes que matan as suas mulleres ou
polo que sexa. Non se pode matar por defender unhas ideas, nin por impoñer
unha opinión. Eu creo q se acabamos con todo esto sentándonos todos a
falar o mundo seria moitisimo mellor, e nos daremos de conta q hai
moitas outras cousas q merecen moito mais a pena. O problema é q a
xente que mata e a q ordena matar non escoita.
Enviado
por Nuria Martínez. 2ºESO, estudante.
subir |
|
13
|
Uns
debuxos de 1º da ESO
Enviado
por Laura, mestra.
subir |
|
14
|
Chegan
estas mensaxes do alumnado do
IES Marco do Camballón de Vila de Cruces:
|
>>
Ola colegas!!!!! Somos unhas rapazas do IES "Marco do
Camballón" Cremos que os muros deben ser derrubados xa que
necesitamos paz,amor,liberdade de expresión e moitas cousas máis.Queremos
vivir sen guerras e con xustiza, mellorar as condicións de vida e
vivir nun pais de liberdade. Sempre en galego! Paula e Ainhoa
Enviada
por: paula e ainhoa 3ºESO (estudantes)
>>
ola a todos e todas,imosye dedikr unha cancion o mundo d oxe n
dia:
moita,moita policia pola rua todo o dia, buscando delincuentes q non
stan ntre a xente.politicos mamos q nos tocan os coyos predicindo un
futuro qnon vale nin un duro´nin un duro nin un
duroooooooooooooo.derruvemos os muros.
Enviada
por: belen,nieves e fabian (estudantes)
>>
Que hai? Nós somos uns rapaces do IES de Vila de Cruces. Cremos
que os muros impostos pola sociedade sobre a lingua e a liberdade de
expresión deben ser derrubados polos que cremos que as cousas poden
mellorar. Deste xeito as relacións entre as xentes da Galiza poden
cambiar de modo que non haxa diferencias entre os galegos. FALA
GALEGO, PENSA EN GALEGO, VIVE EN GALEGO.
Enviada
por: alberto, diego e xosé ramón (estudantes)
>>
Ola!Somos tres rapazas do ies marco do camballom. Gustounos a
vosa proposta,así que vemenos alá vale??? FESTAAAAAA
Enviada
por: Cristina, Irene, Cris (estudantes)
>>
ola que tal? somos 2 rapazas do I.E.S MARCO DO
CAMBALLON de vila de cruces, cristina e rocío, estamos moi
interesadas nos muros e por iso queremos 1 mundo sen
problemas.Queremos que se derruben eses muros para que nós os
galegos e galegas e o resto do mundo esteamos tranquilos sen
problemas deste tipo.
Enviada
por: cristina e rocio(estudantes)
>>
ola somos de 2da ESO e non podemos ir ao camiño o
reves porque non estamos en terceiro .Ademais para poder ir ali
o camiño teria que estar dereito e decir q haxa PAZ no mundo...
Enviada
por: sara,cris,paula,david (estudantes)
subir |
>>
Ola¡somos nos.somos do instituto do marco do
camballon.temos ganas de tirar algun balado.que hai que levar pa
tiralos balados?beña a rañala contra un carnocho.xa nos
veremooooooooooooooooooooooooosssssssssssssssssssss.
Enviada
por: Pablo e Bruno (estudantes)
>>
Ola!!!somos as catro mosqueteiras de 3ºA do Marco do
Camballón. Temos unhas ganas enormes de poder ir ó camiño ó
revés. Esperamos pasalo de p... madre, e poder derrubar eses
muros que tanto joden a nosa sociedade. PÉGALLE, PÉGALLE...
¡¡Á VIOLENCIA!!! VIVA GALIZA, VIVA O GALEGO E...VIVA A
FESTA!! P.D.:¿Vai haber cubatas?
Enviada
por: D´artagnan, Portos, Atos e Aramis. (estudantes)
>>
Ola carpantas!!!!! somos do I.E.S Marco do
Camballon,cruces, o galego e a nosa menciña que se foda o
castelan. e que escoito unha galega e alucino sen
pastillas,tantanan, tantananan... valechao.
Enviada
por: Salva, Victor, Tinho (estudantes)
>>
ola!!!somos uns xavales k imos detras das xavalas e
xamamonos polo noso nome.Estes son os principios de Dios
ke te crew: Hip hop galego!
Enviada por: nos chamamonos polo noso nome (estudantes)
>>
Somos
5 rapazas de 3ºeso do marco do Camballón e queremos expresar a
nosa opinión sobre este mundo ao revés:pensamos que o mundo tiña
que ser libre,e neso metemos todo tipo de liberdade tanto
politica,social,económica... E o no lema estudiar menos e mais
festas!!!!!Ala nos vemos mirando o mundo o revés,chao.
Enviada
por: Alex,Beti,Laura,Marlenis e Maura.(estudantes)
>> Ola,
chámome Daniel e amiña opinión sobre o instituto é que debería
haber xa como moito tres horas de clase e as outras tres horas
de recreo. Tamén creo que se debería sañir os que quixeran
aos quince anos. A min non me gusta o colexio.
Enviada
por: DANIEL (estudantes)
>> Eu queria ir o
instituto a falar e non a estudiar despois tamén queridia
xogar máis e divertirme e tamen me gustaria que me deixaran
balos para poder xogar o futbol Adios,e hasta mais ver.
Enviada
por: IES Marco de Camballón (estudantes) |
|
|
15
|
no
meu insti non se apuntaron ao camiño e non imos poder ir. espero que
para outra vez se apunten a estas cousas porque eu creo que debemos
movernos para cambiar este mundo e atopar outro no que non axa mortes
porque a uns lles dea a gana para sacar cartos e a outros que tamen
maten porque estan cabreados polo que os explotan e machacan. e tamén
debemos facer cousas por coidar a ecoloxia e a liberdade para
expresarnos. e tamén que respeten as mulleres e que non pensen que
somos inferiores ou que poden facer con nos o que lles dea a jana como
lle pasou a sandra en toques. VIVA OUTRO MUNDO!!
Enviado
por: Paula (estudante)
subir |
|
16
|
Gracias
areanegra por crear este sitio onde todos, profes e alumnos mesturados,
podemos exercer o noso dereito á liberdade de expresión cun obxectivo
común: cambiar este mundo. Asistamos ou non ao camiño, moitos e moitas
de nós apoiamos esta actividade, e seguiremos traballando para derrubar
todos os muros que atopemos nos nosos diferentes camiños. Sempre na
procura doutra Galiza, a que levamos dentro, na nosa alma.
Enviado
por: Mª Isabel (ensinante)
subir |
|
17
|
Limpiar
de Niño el Galipote
De
lo que les voy a contar, de esto hace ya muchisimos años era durante
la segunda guerra mundial, los nazis y la gestapo, se presentaron
varias veces en los Campos de Concentracion que el Gobierno de Vichi del
Mariscal Felipe Petain ordeno que los de mas de medio millon de españoles,
fueramos internados en los Campos que havian preparado para los
republicanos españoles entre ese medio millon eramos mas de
cincuentamil Niños y Niñas, lo que les proporciono mano de obra varata
tan varata que nos convirtieron en esclavos y teniamos que limpiar los
muelles las playas y los puesrto de Alemania, de aquellos primeros
galipotes que ya empezavan a salir y eramos los Niños hechos esclavos
para limpiar el galipote era muy parecido a esa negrura que dejo
el año pasado el PRESTIGE
Esto
lo cuento ahora despues de haber trascurrido de ello, mas de medio
siglo, por que yo era uno de aquellos Niños con solo doce años que nos
hicieron perrerias los de la gestapo y los nazis cabrones, y fui uno de
aquellos mas de mil Niños que nos deportaron al infierno aquel del CAMPO
Enviado
por: Alba
subir |
|
18
|
Para
que vos vaiades preparando para o festival do mundo ao revés,
aí vos vai unha animación para aprender a bailar. FESTA! Se saltamos
tod@s ao mesmo tempo mantendo o ritmo, igual seremos capaces de facer
tremer o mundo. Clica aquí: animación
Enviado
por: Unha profe de tecno (-loxía)
subir |
|
19
|
ola¡¡¡
non me gusta estudiar e tampouco a guerra e vou dicir o q penso. eu creo q temos que namorarnos moito
mais e facer o amor moitas veces. se a xente follara mais discutiriameos e pelexariamos moito menos pq estariamos pensando todo o dia en follar e asi non teriamos tempo de pensar noutras cousas. eu quero dicirlles a bus e a aznar q follen
mais e tamen a todos os do pp menos ao alcalde de toques, a ese q o envien a carcel.
mais aaaaaamoooooooor e menos mortes¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Enviado
por: shinosuke (estudante)
subir |
|
20
|
Ola.
Envíovos unha ligazón por se queredes traballar as liberdades na rede
e no ciberespacio: Proposta de Declaración dos Direitos Humanos no
Ciber-espazo baseada nos princípios da Declaración Universal dos
Direitos Humanos das Nazóns Unidas. http://www.iespana.es/migueledreira/doc/Direitos_ciber-espazo.html
Enviado
por: Luis (ensinante)
subir |
|
21
|
Alumnas
e alumnos do IES Marco de Camballón, dispost@s a cambiar o mundo,
atacan de novo:
|
>>
Ola!!!!!!! somos uns
rapaces do I.E.S. "marco do camballón". Imos ir a
actividade do cebreiro, pero só polas rapazas jajajaja,
aí vai unha de ruxe
ruxe, rock galego do bo!
Enviada
por: Markos e Pibe(estudantes)
>>
ola
galegos! Somos duas rapazas e un rapaz que falamos galego, imos
facer o camiño o reves con vos.esperamos pasalo ben. gracias a
esto esperamos conseguir a paz sen opresion e a liberdade de
expresion. ¡animo!
Enviada
por: J. L. O. (estudantes)
>>
a que andamos? somos uns rapaces do I.E.S Marco do
Camballón nos iremos a esa festa nada mais que para allanar o
nundo. estamos cheos de forza para facer o que faga falta. A rañala
por ahi xa nos veremooooooooooooooooooooooosssssssss Ciao.
Enviada
por: Alberto, Tania, Adrian (estudantes)
subir |
>>
Ola xic@s! para nos outro mundo é posibel nos non
temos diferencias de ningún tipo. Esta actividade parecenos moi
interesante para a xuventude e ademáis participamos nunha nova
actividade no mundo galego. moitos saudos para todos....
Enviada
por: Rocio,vane (estudantes)
>>
Ola somos 4 xavalas do I.E.S. Marco do Camballón,
gustounos moito a páxina da vaca
e as opinións dos demais compañeiros, estamos con vós. Nos
somos as primeiras en derrubalos muros. Xao.
Laura,Silvia,Janira,Celia
Enviada
por: As derrubadoras dos muros (estudantes)
>>
Ola somos tres chavalas do Marco do Camballón
interesadas por unha renovación da sociedade que estea
presidida por liberdade, paz e xusticia e esperamos conseguir
algo facendo o camiño o revés co lema Outro mundo e posíbel
existen outros camiños asique esperamos que resulte bo para
sociedade e damos as gracias o profe de galego por organizar
esta actividade.
Enviada
por: Ana Fany e Ines (estudantes) |
|
|
22
|
Pela
paz, música atopada en va-ca. ánimo rapases! a por unha Galiza
distinta!
Paz
[Gabriel O Pensador - Tiago Mocotó - Lenine]
Leia
a letra desta música Descarregue
o mp3

Eu
vou a luta, eu vou armado de coragem e consciência, amor, esperança, a
injustiça é a pior das violências, eu quero paz, eu quero mudança.
É, dignidade pra todo o cidadão, mais respeito, menos discriminação,
desigualdade, não, impunidade, não, não me acostumo com essa acomodação.
Eu me incomodo e não consigo ser assim, porque eu preciso da paz, mas a
paz também precisa de mim, a paz precisa de nós, a paz precisa de nós,
da nossa luta, da nossa voz.
Enviada
por: un navegante
subir
|
|
23
|
Enviada
por: Ismael Otero
subir
|
|
24
|
Para
que sigades sen esquecer, e que o recordedes no Cebreiro. Unha aperta.
Charo.
|
Zona
Cero [Aforismos da marea] - Carlos Negro. Botella ao mar -
ZONA
CERO. Pálpase un silencio empezoñado de impotencia. Unha
asfixia da voz ante o naufraxio do Mar.
ÉPICA
DA RÍA. Non existen barreiras protectoras contra a angustia.
Nin tecnoloxía que deteña este destino. A salvación son os
corazóns embravecidos.
PESADELO.
O pobo berrou socorro ante as portas do Poder. Nos despachos só
había unha imaxe pregravada.
ROLDA
DE PRENSA. Adoptan a hierática postura das estatuas. A millas
de distancia de todo sentimento. Como se a marea fose un drama
imaxinario.
OBRADOIRO.
Veñen milleiros de corazóns petroleados. Un océano de chuvia,
pedra e liberdade. |
CIFRAS
OFICIAIS. Todo manifestante é unha cifra en rebeldía. Un
número contaminado de dignidade.
EDÉN
E TVG. O poder declara abolida a realidade. Só existe o
paraíso perfecto da pantalla.
CAZA
MAIOR. Dispara a voz do Amo contra todo o que se move. Convén
limpar o monte de cidadáns pensantes.
NUNCA
MÁIS. O Lobo de Pobo di non ó Cazador Absoluto.
PROFECÍA
DO MALIGNO. Do chapapote abrollará un negro paraíso. O maná
nebuloso das dávidas divinas. A anestesia para unha nación
envelenada.
MAREA
NEGRA. Só foi un irrelevante erro de programación. Un
intervalo en negro no discurso oficial. Rogamos desculpen as
molestias causadas. |
Enviada
por: Charo (ensinante)
subir
|
|
25
|
Lisístrata.
Aristófanes (Comediógrafo ateniense 444 – 385
a.C.)
Lisístrata
narra a historia das mulleres de dous países en guerra interminábel,
que se unen para obrigar aos homes a baixar as súas espadas e con elo
termina o conflicto. A arma segreda da paz foi negar aos homes
relacións sexuais até que se rendiran ante tal castigo.
Curiosidade:
Lisístrata, en grego, quere dicir "a que disolve exércitos"...
Unha
boa obra de teatro para representar nos institutos. Saúdos.
Enviada
por: Charo (ensinante)
subir
|
|
26
|
|
Envío
dúas poesías de Humberto Ak'abal, escritor
maya.
Un
saúdo. Xose Lois.
Enviada
por: Xose Lois (ensinante)
subir
|
Camiño
ao revés
De
cando en vez camiño ao
revés: é o meu modo de recordar.
Se
camiñara só cara adiante, poderíache contar cómo é
o
olvido. |
Pedras
Non
é que as pedras sexan mudas;
só
gardan silencio.
|
|
|
27
|
Dándolle
a volta, ben dada:

Enviada
por: Un visitante
subir
|
envíanos
as túas aportacións á dirección muros@areanegra.org
ou faino dende o seguinte Formulario
|
|
subir
|
Volver
ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen
outros camiños" |
|
Volver
á páxina principal |
 |
|

|
Páxina
feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org,
aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org |
|