Coordenadora de Ensino

A CADEA HUMANA

 

índice

porqués e cómos

Golpearon-nos

Zonas da cadea

Centros Adheridos

Percorrido e mapas

¿algunha dúbida?

Informe xurídico

Comunicado

Imaxes

Prensa

Información sobre a Cadea Humana publicada nos medios de comunicación. 

Se tes algunha reportaxe que non apareza aquí envíanola para publicala. Graciñas.

Clica no artigo que queiras ler:

La Voz de Galicia

1. Galicia - Marea de jóvenes contra el fuel

2. Galicia - Lucha titánica contra la lluvia

3. Alba - La protesta imparable

4. A Coruña - Cientos de jóvenes coruñeses se encadenaron ante el mar

5. A Mariña - A Mariña, unida por la solidaridad

6. Arousa - Una cadena de miles de escolares contra la crisis

7. Barbanza - Miles de manos unidas por la marea negra

8. Carballo - La cadena humana colapsó los accesosa las playas de la Costa da Morte

9. Deza-Tabeirós - La cadena humana contra el Prestige suma eslabones en toda la zona

10. Ferrol - Una jornada de compromiso

11. Lemos - Cientos de alumnos del sur lucense protestaron contra la marea negra

12. Lugo - La solidaridad de los jóvenes

13. Ourense - «Voltémoslle o azul ó mar»

14. Santiago - La cadena estudiantil mostró en A Quintana la solidaridad de Santiago

15. OPINIÓN - Uxío Labarta - Educar

Faro de Vigo

Nuevas "barreras" contra el fuel 

El País

Nunca Máis moviliza a 45.000 estudiantes de Galicia en una cadena humana de Laxe a Muxía

A Nosa Terra

42.000 estudiantes forman unha cadea humana de 40 quilómetros entre Laxe e Muxía

El Correo Gallego

''Area Negra' convoca una cadena humana de escolares para el día 22 12/01/2003

Cincuenta mil alumnos formarán una cadena entre Muxía y Laxe 18 /01/2003

Los jóvenes gallegos unen sus manos para exigir vida y esperanza en nuestras costas 23/01/2003

Vieiros

A falta de buses multiplica as Cadeas de alumnos 21/01/2003

O profesorado galego rebole 20/01/2003

Uns 20.000 alumnos máis tentan sumarse á Cadea 20/01/2003

Máis de 50.000 alumnos participan na Cadea Humana 17/01/2003

rebelion.org

Estudiantes gallegos contra el PP.

edugaliza.org

Edugaliza denuncia no seu boletín as coaccións ás empresas de transporte

 

 

A falta de buses multiplica as Cadeas de alumnos
Vieiros, 21/01/2003

Varios centros educativos que tiñan previsto participar na Cadea Humana da Costa da Morte víronse obrigados a suspender a actividade debido á falta de autobuses para trasladar os nenos. As empresas argumentan que non teñen flota suficiente para cubrir este servicio, máis o habitual transporte escolar. Así as cousas, os alumnos de Pontecaldelas, da Coruña, de Pontedeume e de Oleiros, entre outros lugares, van organizar cadeas nas súas cidades.

O instituto de Pontecaldelas tiña apalabrada a contratación de cinco autobuses desde o 13 de xaneiro coas empresas Autos Arcade e García Castro, segundo explica as vicedirectora do centro, Chus Diéguez. Unhas 275 persoas, entre alumnos e profesores, ían participar na Cadea Humana da Costa da Morte.

Sen embargo, as dúas compañías botáronse atrás sen moitas explicacións lóxicas. 'Cando falamos coas empresas, dixémoslles que terían que cubrir tamén o transporte dos alumnos que quixeran asistir a clase, e non houbo problema', conta unha indignada Chus Diéguez.

Logo de que Autos Arcade, dependente de Mombus, retirase o servicio, o luns 20 de xaneiro, quedaron sen os tres autobuses de García Castro. ‘O dono díxonos que o sentía, pero que ía haber unha supervisión moi estricta e que co seu pan non xogaba’, di a profesora de Pontecaldelas. Un representante de Autos Arcade aseguroulle a Vieiros que o único motivo polo que non atendían o servicio era a escaseza de autobuses.

'Os alumnos estaban moi enfadados e convocaron unha asemblea no recreo', asegura Diéguez. Así as cousas, o centro decidiu organizar unha cadea humana na súa vila o mesmo día 22 de xaneiro. Comezará á unha da tarde, na Alameda de Pontecaldelas.

O Zalaeta da Coruña é outros dos centros que quedou a velas vir. O subdirector, Antonio Colmenero, afirma que tiñan reservados seis autobuses para 400 alumnos e que, ao final, só lles ofreceron un. 'Non hai moita vontade da confederación de empresarios de transporte de facer esta viaxe', sentenciou.

Deste xeito, e a iniciativa doutro instituto coruñés, o Ánxel Casal, o alumnado herculino apoiará a Cadea de Laxe entrelazando as súas mans entre o Milenio e o Acuario. Uns 4.000 rapaces cubrirán un traxecto de catro quilómetros.

Unha representante do Ánxel Casal asegura que tentaron contratar autobuses con todas as empresas da cidade, sen éxito. Non tiñan flota dispoñible Castromil, Antonio Vázquez, Autos Cancela, Autos Castro, Raposo, Autos García, Porto, Romar, Vidal, Travidi, Calpita, e Autos Tito, entre outros.

Os centros educativos de Oleiros e Pontedeume tamén despregarán as súas propias cadeas humanas.


http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=1&N=26975 

 

subir


Volver ao índice de "cadea humana"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora Area Negra coa axuda do HackLab da Casa Encantada
e aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net