Coordenadora de Ensino

A CADEA HUMANA

 

índice

porqués e cómos

Golpearon-nos

Zonas da cadea

Centros Adheridos

Percorrido e mapas

¿algunha dúbida?

Informe xurídico

Comunicado

Imaxes

Prensa

Información sobre a Cadea Humana publicada nos medios de comunicación. 

Se tes algunha reportaxe que non apareza aquí envíanola para publicala. Graciñas.

Clica no artigo que queiras ler:

La Voz de Galicia

1. Galicia - Marea de jóvenes contra el fuel

2. Galicia - Lucha titánica contra la lluvia

3. Alba - La protesta imparable

4. A Coruña - Cientos de jóvenes coruñeses se encadenaron ante el mar

5. A Mariña - A Mariña, unida por la solidaridad

6. Arousa - Una cadena de miles de escolares contra la crisis

7. Barbanza - Miles de manos unidas por la marea negra

8. Carballo - La cadena humana colapsó los accesosa las playas de la Costa da Morte

9. Deza-Tabeirós - La cadena humana contra el Prestige suma eslabones en toda la zona

10. Ferrol - Una jornada de compromiso

11. Lemos - Cientos de alumnos del sur lucense protestaron contra la marea negra

12. Lugo - La solidaridad de los jóvenes

13. Ourense - «Voltémoslle o azul ó mar»

14. Santiago - La cadena estudiantil mostró en A Quintana la solidaridad de Santiago

15. OPINIÓN - Uxío Labarta - Educar

Faro de Vigo

Nuevas "barreras" contra el fuel 

El País

Nunca Máis moviliza a 45.000 estudiantes de Galicia en una cadena humana de Laxe a Muxía

A Nosa Terra

42.000 estudiantes forman unha cadea humana de 40 quilómetros entre Laxe e Muxía

El Correo Gallego

''Area Negra' convoca una cadena humana de escolares para el día 22 12/01/2003

Cincuenta mil alumnos formarán una cadena entre Muxía y Laxe 18 /01/2003

Los jóvenes gallegos unen sus manos para exigir vida y esperanza en nuestras costas 23/01/2003

Vieiros

A falta de buses multiplica as Cadeas de alumnos 21/01/2003

O profesorado galego rebole 20/01/2003

Uns 20.000 alumnos máis tentan sumarse á Cadea 20/01/2003

Máis de 50.000 alumnos participan na Cadea Humana 17/01/2003

rebelion.org

Estudiantes gallegos contra el PP.

edugaliza.org

Edugaliza denuncia no seu boletín as coaccións ás empresas de transporte

 

 

OPINIÓN - EDUCAR

:: CODEX FLORIAE :: UXÍO LABARTA


Educar
La Voz de Galicia. Martes, 11 de marzo de 2003

 

A RECENTE catástrofe fai que aboien concepcións diferenciadas de cómo entende o poder moitos dos dereitos cidadáns: se un di ¡nunca máis!, logo é que ladra; se, froito obvio de alucinación ou espellismo, segue vendo chapapote na beiramar, é un alarmista; se acaso sinte que a guerra é algo que non quere no mundo, un antipatriota; se autoriza e apoia para que as fillas acudan á marcha pola vida de Area Negra, un pai desleigado.

Esa forma de concibir os dereitos e de respectalos dende o poder, e con todo o poder do poder, pode pesar como lousa de camposanto cando de educar se trata. Pois se un empeza por precisar do poder xudicial para ensinar urbanidade, logo cadra que se reconveña ós pais cando os fillos berran por xunto na rúa contra de algo por evidenciar o seu desacordo. Aproveitarase ademais a ocasión para alcumar de malos mestres a quen, oposición -de exame- por medio, a sociedade e non o poder, por mais que esto as veces se confunda, puxo nas escolas. Ou se fará o posible para que unha acción fondamente educativa da conciencia e sentir cidadán, segundo entenderon centos de consellos escolares e claustros, e milleiros de alumnos e pais, como a esperanzadora cadea humana dos mares do Fisterra, apareza como unha manipulación ou, en versión exquisitamente neutra, unha perda de tempo na formación curricular dos mozos e mozas. Non creo na necesidade do insulto como elemento para se relacionar na sociedade, mais tampouco entendo as ameazas dende o poder como elemento que se poida tolerar nesta sociedade. Comprendo as ronchas de susceptibilidade que ó poder lle poden saír, cando no exercicio dos seus dereitos os cidadáns o cuestionan. Podería entender mesmo os exabruptos dese poder fronte dun insulto ou dun berro reivindicativo cando un gobernante se sinte aldraxado ou cuestionado. Mais non teño cabeza para comprender que a corrección dun insulto ou dun aldraxe espontáneo e sen malicia precise do poder xudicial para ser reparado. Teño menos cabeza para comprender esa necesidade cando o que aldraxa é un mozo/a. E a miña cabeza marease cando o obxectivo de poñer no coñecemento do xuíz o insulto procura efectos educativos.Unha recente sentencia do Tribunal Supremo recoñece o dereito á liberdade de expresión dos parlamentarios ate o extremo do insulto. Que non todos somos iguais pertence a sabencia cotián de homes e mulleres, por máis que entre os anceios da humanidade, mesmo antes da revolución francesa, fora a liberdade e a igualdade dereitos ben chantados no ser individual. Mais entre os dereitos de liberdade de expresión dos parlamentarios e os da xente do común non se entende tanta diferencia. E mesmo tampouco se entende a desmesura da peculiar acción educativa, máis de escarmento que de reflexión. O poder saberá.

subir


Volver ao índice de "cadea humana"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora Area Negra coa axuda do HackLab da Casa Encantada
e aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net