Coordenadora de Ensino

A CADEA HUMANA

 

índice

porqués e cómos

Golpearon-nos

Zonas da cadea

Centros Adheridos

Percorrido e mapas

¿algunha dúbida?

Informe xurídico

Comunicado

Imaxes

Prensa

INFORMACIÓN PARA PARTICIPAR NA CADEA HUMANA:

Clica no que quiras consultar:

Listado de Centros por Zonas | [Indicacións Xerais]

Indicacións por Zonas | Itinerarios por Zonas


  • Que cada centro se poña en contacto cos centros receptores da súa zona.

  • Facilitar un teléfono móbil por cada autobús.

  • Identificación no autobús: poñer diante e detrás unha cartolina da cor da zona, co número da zona en números romanos, número adxudicado ó autobús (consultar co centro receptor) e nome do centro.

  • As persoas da organización (profesorado ou alumnado) estarán identificados con petos ou similares.

  • Ao longo da Cadea haberá cabinas de WC.

  • Evitar entrar en Carballo, xa que está en obras.

  • Levar cada centro un pequeno botiquín de emerxencias.

  • Evitar dispersarse.

  • Para evitar problemas graves de circulación, NINGÚN AUTOBÚS PODERÁ FACER DOBRES VIAXES (estes casos xa non están contabilizados para a formación da cadea).

  • Levar roupa e calzado cómodos e axeitados para a chuvia e o frío. Levar unha muda por se chovese.

  • Se é posible, levar roupa de cores vivas.

  • Levar comida e bebida.

  • No caso dos conductor@s dos autobuses, deben ter en conta que non hai restaurantes nin bares para comer.

  • Para axilizar a actividade, o desembarco dos autobuses debe facerse o máis axiña posible. Ó chegar, o alumnado ten que estar preparado para incorporarse á marcha (mochila ó lombo,…)

  • Durante a marcha, débense seguir sempre as recomendacións da organización.

  • Respecto ó lugar no que estarán, non vai haber recollida de lixo; cada quen deberá recoller os seus propios desperdicios.

  • Se, por falta de autobuses, algún centro non pode traer a todo o alumnado que quixera, pode facer pancartas alusivas, deixando clara a mensaxe dos e das que non poden vir.

  • Constituiremos a cadea ás 13 h.

  • RESPECTAR Ó MÁXIMO A ZONA NA QUE ESTEAMOS

... e moita paciencia e bo humor.

subir


Volver ao índice de "cadea humana"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org

- - - coa colaboración do HackLab da Casa Encantada - - -