Coordenadora de Ensino

A CADEA HUMANA

 

índice

porqués e cómos

Golpearon-nos

Zonas da cadea

Centros Adheridos

Percorrido e mapas

¿algunha dúbida?

Informe xurídico

Comunicado

Imaxes

Prensa

INFORMACIÓN PARA PARTICIPAR NA CADEA HUMANA:

Clica no que quiras consultar:

Listado de Centros por Zonas | Indicacións Xerais

[Indicacións por Zonas] | Itinerários por Zonas


ZONA I

  • Contactade co C.P.I. Cabo da Area (Laxe).
  • Hora de chegada: a mellor hora é sobre as 11, pero convén facelo escalonadamente. Como hora límite as 12 (os centros que veñan de lonxe).
  • Coñecer con exactitude:
    • Número de zona: zona I
    • Cartolina coa cor da zona  ( azul clara
    • Aparcadoiro: Boaño ou Laxe-porto
  • Na estrada haberá carteis indicadores
  • A cada autobús daráselle unha nota explicativa.
  • No lugar haberá alumnado e profesorado dos nosos centros, e deberán atender ás súas recomendacións.

ZONA II (ver gráfico)

  • Cómo chegar:
    • De Santiago a Baio: dúas rutas:
      • Santiago, Portomouro, Santa Comba, Baio (60 km. Tramos de estrada en malas condicións)
      • Santiago, Portomouro, Val do Dubra (Bembibre), Coristanco, Baio (66 km e cunha estrada en mellores condicións) ATENCIÓN: a uns cinco quilómetros antes de Carballo, desviarse á esquerda cara a Coristanco.
    • De Baio a Traba de Laxe:
      • Coller en Baio unha estrada á dereita en dirección a Ponteceso. A 3 km., en Fornelos, desviarse á esquerda en dirección a Laxe. Ó chegar ó cruce de Castrelo, xirar á esquerda cara a Traba de Laxe. Ver gráfico.
  • Cartolina coa cor da zona  ( castaña clara
  • Número da zona: II
  • Información de interese: recoméndase como hora de chegada ó aparcadoiro: entre as 11 e as 11:30 h. Situarse no lugar da cadea a partir das 12 horas.
  • Unha vez que cheguedes ó aparcadoiro, seredes recibid@s por xente da organización, que vos indicará o lugar do aparcamento e o camiño a seguir para chegar á praia. Alí haberá outras persoas que vos sinalarán a parte da praia onde vos deberedes situar.
  • As profesoras e profesores responsables dos grupos procurarán que o alumnado non se desvíe da ruta a seguir. EN NINGÚN CASO DEBEMOS PISAR AS DUNAS.
  • Os autocares non se moverán despois de estacionados.
  • Persoas de contacto:

ZONA III

  • Contactade co IES Maximino Romero de Lema (Baio - Zas).
  • Recibiredes indicacións por correo electrónico e por teléfono.
  • Cartolina coa cor da zona  ( lila

ZONA IV

  • Contactade co I.E.S. Parga Pondal (Carballo) ou co IES Agra de Leborís (A Laracha).
  • Seguide as instruccións da organización para aparcar e seguir a ruta andando. As primeiros persoas en chegar seguen a ruta ata o final, e as demais vanse empatando á cadea a medida que cheguen. Non hai postos fixos para ninguén.
  • Posible actividade en Camelle, á ida ou á volta en función da premura do tempo: visita exterior ó museo de Man.
  • Cartolina coa cor da zona  ( marrón

ZONA V

-VI

  • Contactade co I.E.S. de Ponteceso (Ponteceso), co I.E.S. Terra de Soneira (Vimianzo) ou co I.E.S. Monte Neme (Carballo).
  • As iniciais zonas V e VI xuntáronse nunha única zona, zona V - VI.
  • Recibiredes indicacións por correo electrónico e por teléfono.
  • Cor da cartolina  ( amarela ou  ( azul mariña
  • (as cores non variaron ó unir estas dúas zonas; usádeas indistintamente)

ZONA VII

A efectos de organización, as zonas VII e VIII son independentes, pero como comparten o aparcamento en Camariñas, seredes asignad@s a unha ou a outra segundo vaiades chegando, con indicacións na estrada por parte da organización ó pasar o lugar de Xaviña (Camariñas). Debe vir todo o mundo coas mochilas preparadas desde Ponte do Porto por se lles corresponde baixar para formar a cadea na zona VII; como a baixada é na estrada, debe ser o máis áxil posible para non entorpecer o tráfico. Os autobuses continuarán baleiros en dirección a Camariñas; ó chegar á vila, seguirán un circuíto indicado pola organización para ir estacionar. Se finalmente forman a cadea na zona VIII, os autobuses serán dirixidos directamente á vila de Camariñas onde seguirán tamén o circuíto indicado.

  • Cor da cartolina:  ( verde
  • Persoas de contacto:
    • Carlos Sánchez ou José Antonio Viña. I.E.S. Alfredo Brañas (Carballo)

ZONA VIII

  • A efectos de organización, as zonas VII e VIII son independentes, pero como comparten o aparcamento en Camariñas, seredes asignad@s a unha ou a outra segundo vaiades chegando, con indicacións na estrada por parte da organización ó pasar o lugar de Xaviña (Camariñas). Debe vir todo o mundo coas mochilas preparadas desde Ponte do Porto por se lles corresponde baixar para formar a cadea na zona VII; como a baixada é na estrada, debe ser o máis áxil posible para non entorpecer o tráfico. Os autobuses continuarán baleiros en dirección a Camariñas; ó chegar á vila, seguirán un circuíto indicado pola organización para ir estacionar. Se finalmente forman a cadea na zona VIII, os autobuses serán dirixidos directamente á vila de Camariñas onde seguirán tamén o circuíto indicado.
  • Cor da cartolina:  ( vermella
  • Persoas de contacto:
    • Emilio Roca. I.E.S. Pedra da Aguia (Ponte do Porto - Camariñas)

ZONA IX

  • Contactade co I.E.S. Ramón Caamaño de Muxía.
  • Unha vez cheguen á vila de Muxía, recibirán instruccións do centro receptor (I.E.S. Ramón Caamaño)
  • Cor da cartolina:  ( verde clara

subir


Volver ao índice de "cadea humana"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org

- - - coa colaboración do HackLab da Casa Encantada - - -