Coordenadora de Ensino

A CADEA HUMANA

 

índice

porqués e cómos

Golpearon-nos

Zonas da cadea

Centros Adheridos

Percorrido e mapas

¿algunha dúbida?

Informe xurídico

Comunicado

Imaxes

Prensa

INFORMACIÓN PARA PARTICIPAR NA CADEA HUMANA:

Clica no que quiras consultar:

Listado de Centros por Zonas | Indicacións Xerais

Indicacións por Zonas | [Itinerários por Zonas]


ZONA I

Dende A Coruña pola A-55, e en Carballo saída dirección Malpica pola AC-414 e seguides ata Buño. Desde Buño ata Ponteceso pola A-422 e de Ponteceso a Laxe polas AC-430 e AC-431.

ZONA II (ver gráfico)

 ZONA III

Dende Santiago a Santa Comba e Baio pola C-545. De Baio a Fornelos pola AC-430. En Fornelos seguir dirección Laxe ata Castrelo e alí á esquerda dirección Camariñas ata Traba.

ZONA IV

  • 1ª opción: dende Santiago a Santa Comba pola C-545. De Santa Comba pola AC-403 ata A Pereira, e dende A Pereira ata Berdoias polas AC-443 e AC-441. En Berdoias, seguir á dereita dirección Vimianzo pola C-552. De Vimianzo a Ponte do Porto pola AC-432 e na Ponte do Porto desviarse á dereita cara a Camelle.

    2ª opción: para @s que viaxen dende Pontevedra pola A-9 dirección Santiago, saída en Padrón dirección Rois, Urdilde, Negreira. En Negreira coller a AC-443 ata A Pereira e aí enlazar co itinerario anterior.

    3ª opción: vindo dende A Coruña pola A-55 ata Carballo, continuar pola C-552 ata Vimianzo, e alí continuar co itinerario da primeira opción dende esta vila.

ZONA V

 ZONA VI

  • Para tod@s @s que veñan de A Coruña procedentes da A-55 sairán cara a Malpica pasando por Ponteceso coma no itinerario da zona I.
  • Para @s que veñan dende Santiago, seguir a ruta da 1ª opción do itinerario da zona IV ata a Ponte do Porto, onde continuarán de frente pola AC-432 ata Xaviña

ZONA VII

  • Tod@s @s procedentes da zona costeira: Noia, Muros, Ribeira, Rianxo, etc., subir ata Serra de Outes e dende aí pola Picota rodeando o encoro de Fervenza ata Baíñas, e dende Baíñas ata Vimianzo. Dende Vimianzo a Ponte do Porto e de aí a Camariñas.
  • Dende a Coruña: pola A-55 ata Carballo e dende a C-552 ata Vimianzo e dende aquí seguir o itinerario anterior.
  • Dende Padrón: subir a Negreira por Rois e Urdilde. De Negreira a Berdoias como se explicou anteriormente (AC-443 e AC-441), de Berdoias a Vimianzo e de Vimianzo a Ponte do Porto.

ZONA VIII

  • Dende Santiago: ata Negreira pola AC-543, desviándose en Bertamiráns cara a Negreira pola AC-443 e de aí coma nos itinerarios anteriores ata Camariñas.
  • Dende o sur de Padrón: saír á esquerda en Rois, Urdilde, Negreira e continuar o itinerario anterior.
  • Dende A Coruña: pola A-55 ata Carballo, saída cara a Fisterra pola C-552 ata Vimianzo e alí desviarse cara a Camariñas.

ZONA IX

  • Para @s que cheguen a Santiago dende Ourense: seguir dirección a Santa Comba pola AC-545 e dende aquí ata A Pereira pola AC-403 de dende A Pereira a Berdoias polas AC-443 e AC-441. En Berdoias seguir de frente cara a Muxía pola AC-440.
  • Para @s que veñen do sur de Pontevedra: pola A-9 saír cara a Rois, Urdilde, Negreira, A Pereira, Berdoias, Muxía, seguindo as indicacións dos itinerarios anteriores.

 

subir


Volver ao índice de "cadea humana"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org

- - - coa colaboración do HackLab da Casa Encantada - - -