Coordenadora de Ensino

A CADEA HUMANA

 

índice

porqués e cómos

Golpearon-nos

Zonas da cadea

Centros Adheridos

Percorrido e mapas

¿algunha dúbida?

Informe xurídico

Comunicado

Imaxes

Prensa

INFORME XURÍDICO

As actividades complementarias e extraescolares veñen regulamentadas no Decreto 7/99 e Orde do 3/10/2000 para os CPIs, e no Decreto 324/96 e Orde 1/8/1997 para os IES.

En princípio para o desenvolvemento das actividades complementárias e extraescolares que se realicen fóra da localidade na que está situado o Centro, deberá-se contar cos seguintes requisitos:

  • Aprobación do Consello Escolar.

  • Autorización escrita dos pais ou titores legais.

  • Acompañamento do profesorado correspondente. No caso de CPIs o alunado será acompañado na proporción dun profesor/a por cada unidade. Poderá un profesor acompañar máis dunha unidade sempre e cando o total de alunos/as non pase de 30, se son de secundária. No caso de IES a Orde respectiva estabelece que o alunado será acompañado polo profesorado correspondente na proporción dun profesor/a por cada 20 alunos/as.

Ainda que ao non estar esta actividade prevista na programación xeral anual, a mesma poderia-se aprobar pola equipa directiva tras o informe favorábel da equipa de actividades extraescolares dando conta ao Consello Escolar na vindeira reunión, creo que dada a situación de posíbel controlo por parte da Administración educativa é conveniente reunir en sesión extraordinária ao Consello escolar para que aprobe a realización desta actividade.


GUIA DE PARTICIPACIÓN NA CADEA HUMANA

Cumpre termos EFICAZMENTE ORGANIZADA a actividade. A Coordenadora de Ensino Area Negra está a traballar na organización loxística da cadea. Mais é necesária a colaboración desde os centros de ensino para atar todos os cabos.

Tres pasos son IMPRESCINDÍBEIS para a correcta participación na actividade a nivel de centros: - Autorizacion familiar de cada alumno/a onde se especifique a actividade: obxectivos, traxecto, horário e lugar de celebración.

Este pode ser un modelo a seguir:

Diante da situación criada pola catástrofe do Prestige, este centro.......................................................considera:

  1. Que é de utilidade educativa básica a concienciación ecolóxica da mocidade.

  2. Que é importante, neste sentido, coñecer in situ a Marea Negra, o que redundará nunha maior efectividade á hora de transmitir os contidos educativos.

  3. Que é incuestionábel a importáncia na sociedade actual dunha educación para a solidariedade, que nos faga reflexionar a todas/os sobre a responsabilidade persoal que cada un/ha de nós ten que asumir na defensa do noso património ecolóxico, económico e social, para traballar na procura dunha sociedade mais xusta e solidária.

Polo tanto solicita-se o permiso da nai/pai/tutor/a.......................................................... para a participación do alumno/a............................................................... na saída do dia 22 de xaneiro e na Cadea Humana que terá lugar entre Laxe e Muxia.

  • Aprobación polo claustro de profesores/as.

  • Aprobación polo consello escolar, como ponto da orde do dia e non como rogo.

Os centros con problemas relativos a algún destes pontos que se poñan en contacto coa Coordenadora a través do correo areanegra@areanegra.org.

Cada centro recibirá o proxecto completo desta actividade, que tamén se poderá consultar en breve nesta web.

Cumpre recordar que esta actividade exixe unha preparación prévia nas aulas cara á concienciación do valor educativo de COÑECER IN SITU o problema da Marea Negra e o valor de participar nun acto de solidariedade e chamada de atención sobre o problema social da Marea.

A data límite de adesión á actividade é o VENRES 17 DE XANEIRO.

subir


Volver ao índice de "cadea humana"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org

- - - coa colaboración do HackLab da Casa Encantada - - -