XOGO:
CARREIRA DE OBSTÁCULOS
1.- Obxectivos.
- Reflexionar sobre os dereitos humanos
- Reflexionar sobre as desigualdades.
- Analisar as consecuéncias das catástrofes e das guerras na vida das persoas.
- Recuperar un xogo tradicional
- Divertir-se.
2.- Material.
- Un xiz branco para pintar no chan. Se é un chan de terra, fara-se o debuxo do truquel cun pau.
- Tarxetas de diferentes cores coas indicacións que hai mais abaixo para os/as que formen parte do grupo A. Estas indicacións xa están feitas en cores, por iso valeria con imprimir o que tedes nas páxinas seguintes e recortar cada paso.
3.- Desenvolvemento do xogo.
1- Debuxade unha liña recta no chan, que será o ponto de partida das/dos participantes, e despois sete liñas paralelas á primeira, separadas entre si por unha distancia equivalente a un paso curto. É importante que todos/as empecen na mesma liña horizontal. (O final do xogo, acabarán en diferentes níveis)
2.- Dividide ao alunado en tres grupos
- Un primeiro grupo A estará formado por 10 persoas que serán as que xogarán á carreira de obstáculos, e avanzarán ou non segundo o que lle vaian indicando as tarxetas de cores. A cada persoa lle corresponde unha soa cor.
- O resto do grupo divide-se en dous grupos B, C. As instruccións dan-se por separado, a cada grupo. É importante que non escoiten as indicacións que se dan aos diferentes grupos.
· Ao grupo A explica-se-lles que se lles van entregar tarxetas con indicacións. Uns supostos que deberán seguir do 1 ao 7. Dirá-se-lles que avancen un paso ou queden onde están, segundo o que diga a tarxeta. Irán avanzando de liña en liña ou quedarán parados/as. O/A profesora irá dando as tarxetas dunha en unha. A cada persoa a sua cor e o seu personaxe. Cada paso deberá ser contado por un espácio entre liñas. Non poden falar entre eles ( polo de agora), nen ler o que poñen as tarxetas dos seus compañeir@s.
· Grupo B. Serán o grupo de obsevadores/as. Son una comisión mixta das NNUU e da Comisión de Medioambiente. Virán observar o xogo cando este empece, sen saber de que vai. Non poden falar con A, sí poderán falar entre eles pero en baixo, son observadores/as.
· Grupo C. Está fóra, non vé o que pasa dentro, o que fan A e B. Cando acaba a carreira son chamados e entran, reflexionan sobre o que ven dun xeito individual.
Ao final do xogo, observaremos que a pesar de partir todos/as da mesma liña, uns chegan máis lonxe que outros, porqué?
Unha vez que todos/as miraron e pensaron , (as persoas do grupo A seguen nos seus postos), comenza o grupo de observador@s C a dar a sua opinión individualmente.
Logo fala o grupo B, e por último, comeza a falar cada personaxe do grupo A, contestando ás seguintes preguntas:
4.- As indicacións finais de análise.
Preguntas xerais: