Coordenadora de Ensino

  AULAS ABERTAS, 

AULAS DE LIBERDADE

índice porqués proposta consellos instancia obradoiros imaxes prensa

OBRADOIROS

As nosas suxerencias son as seguintes:

OBRADOIRO "É VERDADE É MENTIRA"


DESCRICIÓN

Leitura pública de declaracións de personalidades políticas extraídas da imprensa escrita referidas aos temas do Pretige e da invasión do Iraque.

 

OBXECTIVOS

Remitimos-vos aos xerais da introdución da unidade didáctica

 

MATERIAIS

  • Cartolinas tamaño fólio de distintas cores onde se escreberán as diferentes declaracións.

  • Rotuladores.

  • Unha cadeira ou banqueta

DESENVOLVEMENTO

  • O profesorado organizará o grupo para que participe todo o alunado na leitura pública.

  • O profesorado repartirá entre as alunas e alunos as distintas declaracións para que as escreban nas cartolinas.

  • Cada aluna ou aluno lerá, subida na cadeira ou banqueta, ante todo o grupo e as persoas que pasen pola rúa a declaración que escrebeu na cartolina.

  • O público asistente terá que decidir se iso é verdade ou mentira.

  • A decisión adoptada polo público escreberá-se debaixo da declaración.

  • Unha vez rematada a actividade todas as cartolinas exporán-se no centro escolar.

 

   Di se son verdadeiras ou falsas estas notícias sobre a guerra dos EEUU contra o povo do Iraque:

 

1.- O ataque de Estados Unidos foi unha medida preventiva para evitar o terrorismo, e non unha agresión.
Falso.

As guerras preventivas son guerras de agresión.

A Asociación Internacional de Avogados/as e Xuristas sostén que non existe precedente na lei internacional para o uso da forza como medida preventiva cando non houbo ataque de feito por un estado ofensor. Sí existen, en efecto, disposicións que indican que o uso preventivo de forza é ilegal. Irak no estaba realizando accións ameazantes contra Estados Unidos. Era Estados Unidos quen ameazaba coa guerra.


2.- Demostrou-se antes e despois da guerra que o réxime de Sadam posuía armas de destrucción masiva.

Falso.

Antes da guerra, ante o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, o Secretário de Estado de Estados Unidos, Colin Powell, só exhibiu información circunstancial que non proba as alegacións estadounidenses de que Iraque posue armas de destrucción masiva e promove o terrorismo internacional. Powell mostrou fotos de edificios e camións que teñen moitísimos usos, e grabacións de conversacións que podian facer referéncia a moitísimos temas. Pero non presentou nada que efectivamente vincule a Iraque con armas de destrucción masiva nin con organizacións terroristas como Al-Qaeda.
Ata o momento non se atoparon no Iraque armas de destrucción masiva.


3.- España violou a legalidade internacional ao intervir nesta guerra sen respetar os acordos das Nacións Unidas.

Verdadeiro.


4.- O governo de EEUU propuña-se liberar ao povo de Iraque.

Falso.

A verdadeira intención de Estados Unidos é re-colonizar o Iraque. Antes de 1960, as corporacións norteamericanas obtiñan o 50% das suas ganáncias estranxeiras do petróleo desa rexión. A administración de Bush pretende que Iraque des-nacionalice o seu património nacional, o cal inclue o 10% do petróleo mundial. A administración Bush pretende repartir a baralla no Medio Oriente e desfacer os direitos adquiridos polos movimentos de liberación nacional nos últimos 60 anos. Queren liquidar a Independéncia de todos os países da rexión e estabelecer o seu domínio absoluto.
A oposición iraqui, pola sua banda, queria estabelecer a democrácia, pero non desexaba unha invasión estranxeira que destruíra o seu país e o convertira nunha colónia de Estados Unidos. A Coalición Nacional Iraquí (CNI), oposta ao governo de Saddam Hussein, comprometeu-se a defender a Iraque da invasión e ocupación militar estadounidense na sua recente asamblea celebrada en París o 9 de febereiro de 2003.

 

5.-Milleiros de persoas en todo o mundo se manifestaron en contra desta guerra. No Estado Español, mais do 80% da povoación estaba en contra da intervención.

Verdadeiro.

 

6.- Iraque é unha ameaza militar para o resto do mundo.

Falso.

De acordo aos inspectores das Nacións Unidas, a Operación Tormenta do Deserto destruíu o 80% do armamento iraqui. Logo, o proceso de inspección que seguíu á derrota eliminou o 90% da fracción que restaba. Iraque estivo pagando enormes indemnizacións a Kuwait e ás corporacións norteamericanas afectadas pola guerra e, polo tanto, non dispuxo dunha capacidade financieira para adquirir outro arsenal.
Ademáis, Iraque non realizou ameazas contra ningun outro país dende entón e os próprios países veciños sosteñen que non se sinten ameazados por Iraque.


7.- O povo apoia unha guerra contra Iraque.

Falso.

As enquisas confirman que existe unha ampla oposición á guerra en Estados Unidos. En Washington marcharon pola paz 250,000 ciudadáns, en San Francisco unha cantidade similar. Fora dos Estados Unidos, a oposición é ainda maior. En Londres realizou-se unha marcha de 400,000 persoas contra a guerra. En Florencia reuniu-se cerca dun millón de persoas co mesmo propósito e fixeron-se manifestacións masivas nunhas 38 cidades do mundo. En todos os países de Europa as enquisas son sobre o 70% de oposición á guerra e en algúns países como Franza, estes números aproximan-se ao 90%. A oposición á guerra comprende os mais diversos sectores políticos e relixiosos. O Papa Juan Pablo II pronunciou-se contra do ataque de Estados Unidos a Iraque e o mesmo fixeron a Igrexa Episcopal e a Igrexa Metodista, entre outras. Do mesmo modo expresaron-se centos de artistas, de organizacións sindicais e profesionais, incluindo numerosos científicos norteamericanos gañadores do prémio Nobel.

 

8.- A guerra foi rápida e pouco dorosa.

Falso.

Esta guerra non foi ningunha das duas cousas. Ao pouco tempo de comezar o bombardeo, a povoazón de Bagdad quedou sen enerxia eléctrica, sen auga potábel, sen telefones, sen hospitais, sen infraestructura e cunha chuvia avasalladora de mísis e bombas que provocaron o espanto e a morte en masa de civis. Os próprios soldados dos países involucrados, son víctimas da guerra. Os veteranos da Guerra do Golfo padecen altas tasas de cancro e de defectos conxénitos en fillos procreados despois da sua participación na guerra. E a zona segue a ser un polvorín: todos os dias chegan noticías de mortos a mans do exército norteamericano.

 

9.- As principais víctimas da guerra foron civis, homes mulleres e nenos, e non militares.
Verdadeiro.

 

10.-Estados unidos quere asegurar-se reservas enerxéticas ao apoderar-se do petróleo iraquí.

Verdadeiro.


  Di se son verdadeiras ou falsas as seguinte notícias e frases relacionadas coa catástrofe do prestige:

 

1.- O fuel vertido polo Prestige afectou unha parte importante da província da Coruña mas non podemos falar de "Marea Negra" (Mariano Rajoy, 23 de novembro).

2.- Vertéron-se entre 3000 e 4000 toneladas de fuel.

3.- Todos os políticos acudiron ao lugar da catástrofe inmediatamente para facer "in situ" unha avaliación dos danos causados.

4.- Os primeiros en actuar limpando as costas foron os voluntários e voluntárias, xente anónima de Galiza e de fóra, que traballaron durante semanas de forma desinteresada e seguen a facé-lo.

5.- Moitas espécies, entre elas o Arao ou pingüino das Cies, viron-se gravemente afectadas pola catástrofe ecolóxica do Prestige.

6.- O fuel solidificou-se no fondo do mar e por iso tan pronto afundiu o barco deixou de chegar fuel ás nosas costas.

7.- Tras o desastre do Prestige Galiza foi declarada zona catastrófica.

8.- Nunca Máis é unha plataforma cidadá que xurde para coordenar os actos de protesta e exixir responsabilidades aos governos competentes.

9.- A rápida intervención das autoridades españolas afastando o barco das costas permitiu evitar unha catástrofe ecolóxica de enormes dimensións.

10.- Despois de méio ano o barco segue a botar petróleo.

subir


Volver ao índice de "aulas abertas"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org