Coordenadora de Ensino

 AULAS ABERTAS, 

AULAS DE LIBERDADE

índice porqués proposta consellos instancia obradoiros imaxes prensa

OBRADOIROS

As nosas suxerencias son as seguintes:

PAZ, PAN-PUN, PUN:

Símbolos que oprimen, símbolos que dignifican.
(Expresión rítmica e corporal)

OBXECTIVOS

  • Desenvolver a capacidade de expresión musical por medio de estructuras rítmicas sinxelas e xestos corporais

  • Aprender e empregar fontes de información musical (medios visuais) para o coñecemento e apreciación da música

  • Empregar e disfrutar do movemento como medio de representación de imaxes, sensacións e ideas e aprecialas como forma de expresión e comunicación individual e colectiva, valorando a súa contribución ó benestar persoal e coñecemento de si mesm@

  • Enriquecer as posibilidades de expresión potenciando a interdisciplinariedade de diferentes áreas (artes plásticas-música)

  • Fomentar unha actitude crítica fronte a feitos que están presentes no noso entorno, ante ós que non debemos ficar pasivos (censura das liberdades de expresión, información e reunión; a destrucción do noso patrimonio ecolóxico; intervencións bélicas ilegais contrarias ós valores pola paz e convivencia entre distintas culturas)

  • Paticipar en grupo, fomentando unha actitude aberta, interesada, tomando conciencia, como membro do grupo, do enriquecemento que se produce coas aportacións dos demáis

MATERIAIS

  • Cores

  • Papeis/cartóns...

  • Instrumental Orff de pequena percusión (alternativamente, palmas no lugar de triángulos ou crótalos -valores de duración longos- ; coxas no lugar da caixa chinesa -valores curtos- ; e pés substituindo ó pandeiro -valores intermedios- . Ou asignación de sílabas ás distintas duracións de sons. Por exemplo:pa-a-a-z: sons moi longos; pa-an: sons longos; pun: sons de duración intermedia; bom-ba: sons curtos; cha-pa-po-te: sons moi curtos)

DESENVOLVEMENTO

  • No terceiro milenio a.c. @s exipci@s por vez primeira tentaron codificar unha linguaxe musical por medio do debuxo de figuras (símbolos dentro dun sistema codificado nos relieves funerarios representando escenas de música), neste taller tentaremos facer algo similar.

  • Preparación de debuxos alusivos por unha banda a símbolos que oprimen: ó deterioro das nosas costas, bombas...e por outra a símbolos que dignifican: voluntariado, bandeira de nunca máis, areanegra, pombas... En total faranse de 10 a 15 debuxos.

  • Asociar a cada un destes debuxos un sinxelo esquema rítmico (binarios, ternarios,cuaternarios) ou un xesto corporal.

  • No momento en que un/ha alumn@ mostre un debuxo, o resto do grupo interpretará o ritmo ou xesto a el asociado, e así sucesivamente. Mostrando varios debuxos a un tempo, se crearía entón unha execución polirrítmica (varios ritmos sonando ó unísono). A actividade pode realizarse á inversa, é dicir que se interprete un ritmo sinxelo ou se produza un xesto, e @ alumn@ amose o debuxo correspondente.

  • O ideal sería traballar en grupos de 12-15 alumn@s cun traballo previo dunha sesión. O tempo da actividade é variable (recomendable: 20 minutos). As posibilidades de traballo dende estas suxestións son infinitas.

subir


Volver ao índice de "aulas abertas"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org