Coordenadora de Ensino

 AULAS ABERTAS, 

AULAS DE LIBERDADE

índice porqués proposta consellos instancia obradoiros imaxes prensa

OBRADOIROS

As nosas suxerencias son as seguintes:

OBRADOIRO MATETRÁXICAS - MATEMÁXICAS

OBXECTIVOS

  • Descubri-las cuantiosas inversións económicas e sociais que supoñen os conflictos bélicos.

  • Reflexionar sobre os distintos usos que desas cuantiosas inversións se poderían facer, dirixidas á mellora de calidade de vida de numerosas poboacións desfavorecidas.

MATERIAIS

Fotocopia dos problemas e dos datos sobre as seis principais empresas de armamento norteamericano por cada alumna/o ou grupo de traballo.

Cartolinas ou rolo de papel se se pretende facer un mural cos datos recabados dos problemas.

Rotuladores ou calquer outro material para elabora-los murais.

Calculadoras para utilizar nas operacións máis longas

 

DESENVOLVEMENTO

A cada alumno/a ou grupo entregaráselle unha fotocopia con problemas que deberán resolver mentalmente ou por escrito dependendo da dificultade destes ou do nivel do alumnado co que se esté a traballar.

Unha vez resoltos comentaranse os resultados.

Plasmar os datos e as conclusións conqueridas da resolución dos problemas e do posterior diálogo nun mural.

 


PRINCIPAIS EMPRESAS ARMAMENTÍSTICAS NORTEAMERICANAS

 

Seis son as principais empresas de armamento norteamericanas. A continuación detállanse as inversións que o Pentágono efectuou en máquinaria bélica para o ataque a Irak:

United Tecnologies, vendeulle ó Pentágono helicópteros por valor de 4.000 millóns de €.

General Dynamics, ingresou 9.000 millóns de € pola venda de submarinos, tanques e misís.

Northrop Grumman, vendeu portaavións, acorazados e avións por valor de 12.000 millóns de €.

Raytheon, ingresou 12.000 millóns de € pola venda de mísiles e bombas.

Boeing, vendeu ó Pentágono avións e helicópteros por 18.000 millóns de €.

Lockheed Martín que ingresou 25.000 millóns de € pola venda de avións.

 


PROBLEMAS

  1. En Haití construir un muíño de arroz e millo custa 6.700 €. ¿Cantos muíños se poderían levantar se United Tecnologies adicara a centésima parte dos seus ingresos pola guerra contra Irak a este fin? ¿E cantos cos ingresos reais?.
    Se da construcción de cada muíño se benefician 1.890 persoas. ¿Cantas persoas verían incrementado o seu nivel de vida?

  2. En Angola a construcción dunha escola comunitaria supón 62.397 €. ¿Cantas escolas suporía a inversión que o Pentágono fixo coa milésima parte do invertido na General Dynamics?. Calcula as cifras aproximadas.

  3. En Etiopía asegura-lo suministro de auga potable a 10.000 persoas custa 68.785 € . ¿Cantas persoas se verían beneficiadas deste ben indispensable, se E.E.U.U. utilizase a milésima parte do invertido en vehículos bélicos da empresa Northrop Grumman para atacar Irak?. Calcula as persoas reais que verían diminuir as enfermidades polo mal estado das augas que consumen.

  4. En Mozambique o 16,4% da poboación está afectada pola SIDA e cada día inféctanse 600 persoas máis. Un programa de prevención da SIDA nas escolas custa 21.380 € . Se a empresa Raytheon adicase a milésima parte do ingresado pola venda de mísiles e bombas á prevención da SIDA nas escolas. ¿Cantos programas se poderían levar a cabo? ¿E se investise o total dos ingresos?.

  5. O subministro de alimentos para os campos de refuxiadas e refuxiados de dúas provincias en Afganistán co obxectivo de cubri-las súas necesidades máis inmediatas custa 60.000 €. ¿Cantos programas deste tipo se poderían levar a cabo co investido na empresa Boeing para a adquisición de avións e helicópteros?.

  6. A axuda a mulleres artesás para mellora-las técnicas de traballo, organización e venda dos seus productos, en Túnez custa 44.281 € e vense beneficiadas 238 mulleres. ¿Cantas mulleres se verían beneficiadas se se adicase a este tipo de programas o investido na empresa Lockheed Martín?

  7. Un mísil autoguiado custa 1 millón de €. ¿Cantos quilos de carne se poderían comprar en Irak, tendo en conta que 1 quilo de carne se pode mercar por 0,20 €?.

  8. Cen litros de leite custan en Irak 6 €. ¿Cantos litros de leite poderías mercar
    Cos 7,8 millóns de € que vale unha aeronave sen piloto?

  9. Na maior fábrica de explosivos do mundo situada no estado de Oklahoma, almacénanse armas por valor de 7.000 millóns de €. Unha médica/ogaña mensualmente 45 € en Irak e un mestre/a 11 €. ¿Cantos mestres/as e médicas/os se poderían pagar con estes cartos?

  10. Nos 20 primeiros días de guerra E.E.U.U. gastou cada día 2.000 millóns de €, o que supón dúas veces máis que o valor anual de todo o petróleo producido por Bagdad. ¿Cal é este valor anual?.

  11. A reconstrucción de Irak estímase nuns 100.000 millóns de €. ¿Cantos litros de petróleo se poden mercar aproximadamente se 5 l. custan en Irak 0,11 €?

  12. En Irak podes mercar 10 aspirinas por 0,22 € e 1 kg. de arroz por 0,27 €. ¿Cantos kilos de arroz e cantas aspirinas poderías mercar coa túa paga semanal?.

Fontes: Intermón e "La voz de Galicia"

subir


Volver ao índice de "aulas abertas"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org