|
UN INQUÉRITO SOBRE A LIBERDADE
Esta actividade proposta para as AULAS NA RUA pretende que o alumnado interaccione coa sua veciñanza na procura da opinión pública sobre tres temas: a crise do Prestige, a Guerra de Iraque e a Liberdade de Expresión.
O emprego dun inquérito sinxelo procura a participación da mocidade na observación e análise da realidade social. Elaboraron-se várias cuestións, que poden ser ampliábeis polo próprio alumnado, co obxectivode que as entrevistas poidan ser rápidas e dinámicas. A análise posterior dos datos recollidos asi como a exposición pública no centro dos resultados poderia rematar a experiéncia.
OBXECTIVOS
1. Estabelecer un diálogo aberto coa sociedade a través de interaccións directas coa cidadania.
2. Aproximar-nos á vivéncia da pluralidade e á diversidade de opinións da nosa sociedade, testemuñando e contrastando as múltiples posicións da cidadania diante da actual conxuntura socio-política.
3. Empregar o método do inquérito como exemplo do funcionamento de procesos de sondaxes de opinión a respeito da elaboración, a entrevista, a análise dos resultados e a repercusión da información elaborada.
O INQUÉRITO
IDADE DO/A ENTREVISTADO/A:
SEXO:
NUNCA MÁIS
1. Considera positivo a aparición e actividades da Plataforma Cidadá Nunca Máis a respeito da crise do Prestige?
2. Considera que a xestión do goberno galego foi/é adecuada a respeito da crise do Prestige?
3. A elaborar polo alumnado.
NON Á GUERRA
1. Como valora a participación do estado español na guerra de Iraque?
-
moi mal
-
mal
-
regular
-
ben
-
moi ben
2. Como valora aos Estados Unidos a respeito da sua política na guerra de Iraque?
-
moi mal
-
mal
-
regular
-
ben
-
moi ben
3. Cal considera que foi a razón principal da intervención bélica en Iraque?
-
1. Razóns económicas (explotación de petróleo, reconstrucción do país...)
-
2. Razóns de seguridade internacional (perigo de armas de destrucción masiva, terrorismo...)
-
3. Razóns de índole etico-política (derrocar un rexime dictatorial)
-
4. Outras razóns
LIBERDADE DE EXPRESIÓN
1. Considera que o ensino debe tratar temas de actualidade social com a marea negra, Nunca Máis ou a Guerra?
2.Considera que os medios de counicación públicos informan obxectivamente ou responden a intereses políticos do goberno?
|