Coordenadora de Ensino

 AULAS ABERTAS, 

AULAS DE LIBERDADE

índice porqués proposta consellos instancia obradoiros imaxes prensa

OBRADOIROS

As nosas suxerencias son as seguintes:

OBRADOIRO DE RECICLAXE DE CAMISETAS


DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

Os/as rapace/as deseñarán distintos motivos sobre as temáticas xa sinaladas en camisetas "vellas", para volver con elas postas ó centro educativo.

 

OBXECTIVOS

Remitímosvos ós xerais da introducción.

 

MATERIAIS

  • O alumnado deberá traer da casa dúas ou máis camisetas brancas vellas, que se poidan estragar. Poden ter algún motivo, pero mellor que predomine o branco.

  • Rotuladores de alcohol para escribir na tea.

DESENVOLVEMENTO

  • O alumnado terá que pensar unha serie de lemas acerca da catástrofe do Prestige, ou ben lemas a favor da PAZ ou en contra da GUERRA.

  • O/a profesor/a pode levar algunhas suxerencias preparadas.

  • ·Unha vez definido o bocexo da nosa camiseta pasaremos a plasmar cos rotuladores na mesma.

  • A finalidade non é que a camiseta sirva logo para usar senón para poñela alí no momento de rematar o taller e volver con elas postas ó centro educativo.

  • Para plasmar os efectos da GUERRA ou do DESASTRE ECOLÓXICO estaría ben que no deseño se suxira que a mesma camiseta acabe rasgada, rota ou "manchada de sangue" ou de "chapapote"

  • Ademáis do paseo de volta amosándoas pola rúa, pódense expor no centro nos días seguintes, ou ben celebrar un especial "pase de modelos" nalgún dos actos colectivos dese centro.

subir


Volver ao índice de "aulas abertas"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org