|
OBRADOIROS
As
nosas suxerencias son as seguintes:
|
|
CADÁVERES EXQUISITOS

DESCRICIÓN
Elaboración dun mural con cores e papel sobre a marea negra do Prestige.
OBXECTIVOS
-
Coñecer a diversidade biolóxica das nosas costas.
-
Valorar as consecuencias da marea negra do Prestige sobre o medio mariño e os nosos recursos.
-
Reflexionar sobre as responsabilidades que o conxunto da cidadanía e as institucións teñen na protección do medio natural e as súas riquezas.
-
Reflexionar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes para evitar o deterioro do medio ambiente e preservar os recursos naturais.
-
Exercer o dereito á libre expresión.
-
Valorar a cooperación e o traballo en equipo como a mellor forma de afrontar e dar solución aos problemas e os conflictos.
MATERIAL NECESARIO
Rolo de papel de embalar de cor clara (tantos metros coma o dobre do número de equipos participantes) e xices de cores, rotuladores...
DESENVOLVEMENTO
-
Tema do debuxo:
a marea negra do Prestige
-
Condicións,
só unha: debe incluír representacións de, cando menos, 10 tipos de seres vivos das nosas costas (1); o resto dos elementos que conformen o mural é de libre elección e queda ao criterio d@s debuxantes
-
Procedemento: do rolo de papel só estiraremos dous metros para que comece a debuxar o primeiro equipo; ao rematar este enrolaremos o mural confeccionado deixando á vista unha solapa de 30 cm. que servirá de punto de partida para o seguinte grupo que deberá, cumprindo as mesmas condicións, continuar o labor d@s compañeir@s anteriores nos seguintes dous metros de papel. Ao finalizar este segundo equipo procederemos de igual xeito e así sucesivamente ata que finalice o último grupo. Para completar a actividade estenderemos todo o mural para vermos a "obra" na súa totalidade.
Esta actividade está pensada para que participen e colaboren varios grupos pero, é obvio, non simultaneamente; aqueles que xa a realizaron ou os que están á espera poden, mentes tanto, desenvolver calquera dos outros obradoiros, só é preciso establecer con antelación os tempos máximos dos que disporán e a orde de participación.
(1) Pódeselles, se o consideramos necesario, facilitar unha lista de especies habitantes das nosas costas; propoñemos a que segue a modo de exemplo:
|
PLANCTO
|
|
|
ALGAS
|
Broco (Fucus vesiculosus)
Leituga de mar (Ulva rigida)
|
|
FANERÓGAMAS
|
Camariña (Corema album)
Herba de namorar (Armeria maritima)
|
|
ESPONXAS
|
Pan de gaivota (Hallichondria panicea)
|
|
CNIDARIOS
|
Apegón (Actiniia sp, Anemonia sulcata)
Carabela portuguesa (Physalia physalis)
|
|
ANÉLIDOS
|
Sabelaria (Sabellaria alveolata)
Cagulo (Arenicola marina)
|
|
MOLUSCOS
|
Berberecho (Cardium edule)
Ameixa babosa (Venerupis pullastra)
Mexillón (Mytilus edulis)
Ostra (Ostrea edulis.)
Caramuxo (Littorina sp)
Polbo (Octopus vulgaris)
Choco (Sepia officinalis)
|
|
CRUSTÁCEOS
|
Centola (Ligia oceanica)
Nécora (Necora puber)
Percebe (Pollicepes cornucopia)
Camarón (Palaemon serratus)
|
|
EQUINODERMOS
|
Estrelamar (Marthasterias glacialis)
Ourizo de mar (Paracentrotus lividus
|
|
PEIXES
|
Sardiña (Sardina pilchardus)
Peixe sapo (Lophius piscatorius)
Robaliza (Dicentrarchus labrax)
Xarda (Scomber scombrus)
Rodaballo (Scophtalmus maximus)
Lorcho (Gobius paganellus)
|
|
AVES
|
Arao dos cons (Uria aalgae)
Arao papagaio/loro (Fratercula arctica)
Arao romero (Alca torda)
Corvo mariño (Phalacrocorax sp)
Gaivotas (Larus sp)
Mascato común (Sula bassana)
|
|
MAMÍFEROS
|
Humanos (Homo sapiens-sapiens)
Golfiño (Delpphinus delphis)
|
|
subir
|
Volver
ao índice de "aulas abertas" |
|
Volver
á páxina principal |
 |
|

|
Páxina
feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org,
aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org |