CONSELLOS PRÁCTICOS
-
Esta nova proposta de AREANEGRA vai dirixida a todos os centros educativos do país sexa cal sexa o nivel educativo que impartan, xa que os obradoiros propostos poden ser facilmente adaptábeis ao nivel que se requira.
-
Consiste, tal e como di arriba, en saír cun, ou con vários grupos de alumn@s, un ou vários profesores, e desenvolver algún dos obradoiros que se propoñen na PROPOSTA DIDÁCTICA, ou calquer outro que poida ser plantexado no centro.
-
O CALENDARIO DE ACTUAZÓNS abrangueria a derradeira semana lectiva deste curso, é dicer, dende o luns 16 ao venres 20 de xuño, pensando e cobrer esas horas de clase nas que os exames están xa feitos e as lecións rematadas. Ocuparian-se duas ou tres das horas lectivas dun deses dias da semana.
-
Seria moi enriquecedor o estabelecemento de colaborazóns con centros educativos próximos ou veciños, asi como a "ocupación" de distintos espazos públicos da vila ou cidade no caso de concellos con mais dun centro eduactivo, previo acordo entre eles.
-
Para iso cumpriria a petición e aviso ao concello deses espazos. Acompañaremos esta proposta dos modelos de instáncia necesários.
-
Para que AREANEGRA poida coñecer o alcance da proposta, pregariamos-vos que tod@ aquel@ que estivese disposta@ a desenvolver esta proposta nos enviase un correo electrónico a dirección aulasabertas@areanegra.org
-
Invitamos-vos, sen máis, a consultar a PROPOSTA DIDÁCTICA.
|
subir
Nota: Areanegra respecta a diversidade de normativas d@s colaborador@s nesta actividade. Entedemos que a construcción dun estándar para a nosa língua é un proceso no que todos e todas participamos e no que o debate debe ser constructivo.
|
Volver
ao índice de "aulas abertas" |
|
Volver
á páxina principal |
 |
|

|
Páxina
feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org,
aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org |